fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2016/59B
Ano de inicio: 2016
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch Zafra, Thierry Dagnac, Juan Valladares, Adrián Botana. EMPRESA SOLICITANTE: LIGAL.
Departamento:
Área:

 GRUPO OPERATIVO DE INNOVACIÓN PARA O DESENVOLVEMENTO DO PROXECTO LEITE-PLUS PARA A VALORIZACIÓN DO LEITE DE VACÚN PRODUCIDO EN EXPLOTACIÓNS ECOLÓXICAS E CONVENCIONAIS DE GALICIA: RELACIÒN ENTRE DIETA, CALIDADE DO LEITE E SOSTIBILIDADE ECONÓMICA E AMBIENTAL DAS EXPLOTACIÓNS.

En Galicia hai aproximadamente 9.000 explotacións lácteas e ao redor de 350.000 vacas de leite concentradas en 220.000 hectáreas de superficie agraria útil -cultivos e pastos- (7,5% do territorio galego). O modelo produtivo imperante nas explotacións lácteas galegas, baseado nun alto uso de concentrado por litro de leite, enfróntase a crecentes dificultades, sendo necesario reorientar con carácter xeral os sistemas produtivos cara a sistemas menos dependentes da compra de alimentos externos, que baseen a alimentación do gando en forraxes de alta calidade producidos na explotación en cantidade suficiente e a custos competitivos.

As explotacións de pequena dimensión, que seguen modelos en xeral menos intensivos e máis centrados na utilización de pastos a dente, son as máis afectadas polo proceso de cesamento da actividade, o que presenta problemas de despoboamento e abandono da utilización de terras de alto potencial agrícola agravando o risco de incendios, erosión e perda de biodiversidade no medio rural. Sen embargo, as características destes sistemas de produción presentan oportunidades relativas á calidade diferencial do leite, en base á súa composición (tanto fisicoquímica como a relativa a presenza de moléculas con características funcionais que proceden do consumo de pastos frescos) e ás particularidades do propio proceso de produción (vacas menos produtivas, máis lonxevas, que pastorean unha parte relevante do ano), que deben ser debidamente caracterizadas e divulgadas a fin de contribuír a revalorizar este produto, tanto nos sistemas ecolóxicos como convencionais, como medio de reverter o proceso de desaparición de explotacións deste tipo.

O coñecemento da variación estacional da composición e calidade do leite e a súa relación coas dietas típicas das vacas en cada sistema de produción así como das características sociais, estruturais e marxes económicas das explotacións leiteiras, da dispoñibilidade e usos da terra dos distintos sistemas de produción e outras particularidades que caracterizan os principais sistemas son elementos necesarios para avaliar as distintas maneiras de producir leite en Galicia desde o punto de vista da súa resiliencia (capacidade dun sistema para superar obstáculos ou adversidades e de regresar a un estado normal de actividade), para detectar puntos críticos e para propoñer, en consecuencia, medidas correctoras que melloren a sostibilidade e robustez do sector produtor lácteo galego.

 

OBXECTIVOS DO PROXECTO

O obxectivo central do proxecto é xerar información acerca das características do modelo produtivo e da composición fisicoquímica e do carácter funcional do leite producido en explotacións galegas que seguen modelos de manexo con diferente grao de intensificación, a fin de dar contestación ás preguntas seguintes:

- Cales son as diferenzas estruturais entre os distintos tipos de explotacións?

- Cómo inflúe o sistema de produción nas características fisicoquímicas do leite?

- Cómo varían estas características, en cada sistema, ao longo do ano?

- Existen puntos críticos en canto a determinados parámetros fisicoquímicos (p.ex. graxa, punto crioscópico....) típicos dos sistemas de pastoreo que penalicen o prezo do leite en aplicación dos criterios de pago por calidade?

- Cales son as diferenzas entre o leite producido nos distintos sistemas en canto á presenza de compoñentes funcionais do leite (ácidos graxos poliinsaturados, carotenos, xantofilas, tocoferois de carácter antioxidante) que teñen un efecto positivo na saúde humana?

- Cómo evoluciona a presenza destes compoñentes do leite, dentro de cada sistema, ao longo do ano?

- Nas circunstancias actuais de mercado, qué sistemas son máis sostíbeis economicamente?

- Á vista dos resultados do proxecto, sería posíbel plantear algunhas recomendacións en canto aos criterios de fixación de prezo de compra para leites de alto valor potencial polas súas características de produto (valor nutricional, carácter funcional) e de proceso (sistemas ligados á terra, lonxevidade do gando, benestar animal,...) que puideran ser valoradas polos consumidores?

- Cales son os principais puntos críticos que afectan á viabilidade de cada modelo de produción de leite e, no seu caso, qué medidas correctoras se plantexan para asegurar a súa competitividade e permanencia no sector

 

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
26/10/2018
Resultado positivo do primeiro ensaio de cultivo de forraxes en ecolóxico na Limia
foto
22/10/2018
Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética
foto
19/09/2018
Xornada técnica: As posibilidades da rega no millo
foto
27/04/2018
Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia
foto
28/02/2018
Xornada: A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na biosfera
foto
24/01/2018
Efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros de verán na Galicia interior

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados