fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2016/20B
Ano de inicio: 2016
Investigador Principal: Juan Castro Insua
Outros investigadores: Dolores Báez Bernal, Mª Isabel García Pomar, Juan Valladares Alonso, Javier Ascasibar, David José Vázquez Vilarelle. EMPRESA SOLICITANTE: AGACA, CASA GRANDE DE XANCEDA, CALFENSA
Departamento:
Área:

 Preténdese a execución dun proxecto presentado polo grupo operativo de biodiversidade agraria para granxas de vacún de leite galegas, recén creado, no marco da Asociación Europea da Innovación (AEI) en materia de produtividade e sustentabilidade agrícolas, para facer posible a cooperación con outras iniciativas innovadoras de ámbito nacional ou europeas, como é a colaboración nas tarefas reflectidas no paquete de traballo número 4 (WP4) do proxecto EURODAIRY.

Con este proxecto se realizarán diversas actuacións innovadoras para estudar a biodiversidade e enriquecer o valor do hábitat ligado ás granxas de vacún de leite galegas, para protexer a calidade das augas, favorecer a polinización, o control das pragas instalando caixas niño para aves insectívoras, morcegos, etc. O proxecto ten a finalidade de servir de exemplo de boas prácticas agrarias para as granxas de leite galegas.

Se desenvolverán sistemas biolóxicos de depuración de efluentes procedentes da elaboración de iogures ecolóxicos artesanais nas instalacións da explotación ecolóxica Casa Grande de Xanceda, que incluirá o deseño e construcción dun sistema de balsas de depuración, a modo de charcas ou zonas húmidas naturalizadas, con varias etapas ou fases integradas na paisaxe que sirvan de hábitat para a fauna útil. Se mellorará tamén a vexetación de ribeira para protexer os regatos da contaminación.

Por outra banda se avaliarán indicadores biolóxicos que reflexen a saúde e calidade do solo en relación co manexo (orgánico vs convencional) en distintos cultivos forraxeiros. Se deseñarán técnicas silvopastorais, como implantación de sebes, protección de árbores en parcelas de pastoreo para mellorar o hábitat e a paisaxe.

O proxecto pretende continuar unha vía de cooperación entre actores relevantes no coñecemento e na práctica no ámbito da biodiversidade agraria, contando para iso con AGACA, a Casa Grande de Xanceda o INGACAL_CIAM; o Grupo naturalista Hábitat e a empresa CALFENSA.

 

OBXECTIVOS DO PROXECTO

Este proxecto ten como obxectivo desenvolver unha iniciativa innovadora definida, deseñada e redactada polo “grupo operativo de biodiversidade agraria ligada a explotacións de vacún de leite galegas” no que participan AGACA, Casa Grande de Xanceda, INGACAL-CIAM, GN Hábitat e a empresa CALFENSA.

Os obxectivos concretos que se pretende abordar son os seguintes:

  • Mellorar a xestión dos efluentes producidos na elaboración de iogures ecolóxicos, mediante reciclaxe para limpeza de sá de espera, abono, etc.

  • Depuración biolóxica dos efluentes non reciclados, mediante creación de zonas húmidas e fitoremediación, adaptadas á paisaxe, que sirvan de refuxio de anátidas, anfibios, odonatos, etc.

  • Plantación de especies arbustivas e forestais autóctonas nas marxes dos regatos para crear filtros verdes que protexan a calidade das augas fronte a escorrentía.

  • Inventariar a biodiversidade ligada aos prados de sega, as marxes sen cultivar, a os sebes e muros de pedra, as zonas húmidas, etc.

  • Instalación de refuxios de fauna (caixas niño para diferentes especies de fauna) utilizando técnicas sostibles. Entre outros refuxio para morcegos e aves insectívoras que axude a combater as pragas, potenciando a chamada “fauna útil”.

  • Avaliar e comparar a saúde do solo dun sistema ecolóxico e outro convencional mediante:

    - indicadores biolóxicos (vermes, carábidos etc)

- indicadores físico químicos: %MO; densidade aparente; C/N; Materia orgánica particulada (MOP).

  • Deseñar e establecer sebes con especies autóctonas, que melloren o benestar animal (sombra), teña un aproveitamento como suplemento forraxeiro, mellore no hábitat da fauna útil, a estética e a paisaxe.

  • Deseñar sistemas de protección de árbores e sebes fronte ao pastoreo con ovellas e vacas.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados