fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2016/01A
Ano de inicio: 2016
Investigador Principal: Juan Castro Insua
Outros investigadores: Dolores Báez Bernal, Mª Isabel García Pomar, Juan Enrique Valladares Alonso. EMPRESA SOLICITANTE: CALFENSA.
Departamento:
Área:

 O proxecto ten como obxecto crear un prototipo de apeiro agrícola que permita realizar a sementeira directa de praderías con mínimo laboreo ao mesmo tempo que se realiza a aplicación de xurro e o encalado.

Con este apeiro se conseguirá economizar o tempo ao simplificar as labores agrícolas para poder realizar unha sementeira do cultivo de inverno mais temperá, despois de recoller o millo e antes de que as temperaturas do solo sexan baixas, para así poder dar lugar ao desenvolvemento e nodulación das bacterias fixadoras de nitróxeno nas leguminosas.

Tamén se reducirían os gastos de gasóleo das labores agrícolas de implantación de praderías e outros cultivos de inverno no outono. A sementeira directa permitiría prolongar a duración das praderías mediante unha técnica inspirada en aspectos da hidrosementeira, e a inxección do xurro.

Este proxecto enmárcase no contexto nas prioridades que establece o regulamento UE 1305/2013 (FEADER) e Estratexia Europa 2020 para un crecemento intelixente, sustentable e integrador en concreto nestes obxectivos:

- Mellorar a viabilidade das explotacións agrarias e a competitividade de todos os tipos de agricultura en todas as rexións, e promover as tecnoloxías agrícolas innovadoras e a xestión forestal sostible.

- Previr a erosión dos solos e mellorar a xestión dos mesmos.

- Reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura.

 

OBXECTIVOS DO PROXECTO

Obxectivo principal:

Deseño, construción e avaliación, na finca experimental do CIAM, dun prototipo de apeiro agrícola para hidrosementeira con xurro e cal para establecemento de cultivos de inverno.

Desenvolvemento tecnolóxico do apeiro:

Se avaliará as distintas posibilidades tecnolóxicas que permitan realizar, de forma simultánea, as labores agrícolas de sementeira directa e encalado con xurro, sobre o restrollo do cultivo de verán ca colaboración dos técnicos do CIAM, e técnicos de CALFENSA.

Avaliación previa (in vitro) dos posibles efectos do tipo de xurro e tipo de moenda e dose de caliza sobre a xerminación das sementes empregadas nos cultivos de inverno (ensaios de xerminación).

Avaliación previa (en invernadoiro) dos posibles efectos do tipo de xurro e tipo de moenda da caliza sobre a xerminación e rapidez de establecemento das sementes e dose a empregar, dose de cal e grao de moenda.

Avaliación experimental en campo do prototipo de hidrosementeira deseñado.

Avaliación en campo, na finca experimental do CIAM, da hidrosementeira.

CALFENSA

Deseño do prototipo: apeiro enxurro encalador con sementeira. Un apeiro para acoplar ao sistema tripuntal traseiro das cisternas de purín que dispoñen de boca de carga superior, que ten como función a aplicación simultánea do cal , o purín e a semente da herba. Validación do prototipo. Homologación do prototipo. Man de obra de ensaios en Mabegondo. Coloboración en memoria e conclusións.

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados