fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2015/21
Ano de inicio: 2015
Investigador Principal: Manuel Rivero
Outros investigadores: EMPRESA SOLICITANTE: Ecocelta
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO

Actualmente nas explotacións avícolas os estercos producidos non son reciclados e se almacenan ata a súa aplicación como abonado de fondo en outras explotacións. A combinación da elevada pluviosidades de Galicia e a alta solubilidade dos nutrientes do esterco de polo  fai que tanto o seu uso como o almacenamento supoña un risco para o medio ambiente.

O presente proxecto pretende elaborar dous produtos a partires do esterco de galiña e polo. Un abono líquido ca parte soluble e un vermicompost ca parte sólida. O abono líquido ten a vantaxe de seren dosificable  segundo as necesidades do cultivo por medio da fertirega e así se evitan as perdas por lavado que contaminan as augas.  

Para facer un estudo preliminar se construirá unha planta piloto aproveitando a experiencia da empresa Ecocelta en proxectos similares como o do “ Sistema Ecocelta de biogestión ambiental sostible (SEBAS) de residuos orgánicos mediante metanización e vermicompostaxe” (CDTI – IDI20101088). A planta piloto comprende tódalas fases do proceso para a produción do esterco líquido: mestura e dilución, separación de fases, metanización, hixienización térmica, filtrado e envasado.

Tamén se realizará un estudo do vermicompostaxe da fase sólida extraída na planta piloto.

Finalmente se propón dous campos de ensaio servirán para determinar o valor agronómico do esterco líquido e do vermicompost. No campo de ensaio do abono líquido tamén se avaliarán os posibles problemas que teña este abono na súa aplicación por fertirega.

 

A liña de produción proposta permitirá aplicar o mesmo proceso a esterco de galiña ecolóxica, obtendo un abono líquido con alto contido en nitróxeno que podería acadar un alto valor engadido no crecente mercado da agricultura ecolóxica.  

OBXECTIVOS

O obxectivo principal do proxecto é a obtención dun líquido cun nivel mínimo de 3000 ppm de nitróxeno por litro, o que lle daría un alto valor de mercado. Si se chegara a optimizar o manexo do nitróxeno no proceso de produción se poderían acadar valores do 5 ao 8 %, o que nos proporcionaría un produto único no mercado nacional.

Outro obxectivo transformar un produto que esta a producir grandes problemas de contaminación nun produto que non ten ningún tipo de risco para o medio ambiente debido a súa mellor dosificación e estabilidade.

 

 A utilización de compost como abonado de fondo fai que a demanda de compost sexa moi estacional. A incorporación destes produtos a gama que ten Ecocelta permitirá manter as ventas a o longo do ano, e polo tanto equilibrar os fluxo de caixa da empresa. 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados