fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2015/40
Ano de inicio: 2015
Investigador Principal: Tierrhy Dagnac
Outros investigadores: EMPRESA SOLICITANTE: LIGAL (Laboratorio Interprofesional Galego de Análises do Leite)
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO 

As micotoxinas son metabolitos secundarios producidos por diversos fungos pertencentes aos xéneros fusarium, aspergillus, penicillium, alternaria e claviceps. algúns deles poden infectar o millo forraxeiro e producir micotoxinas durante o seu cultivo o durante o proceso de ensilaxe. estas substancias poden ocasionar efectos perxudiciais agudos e crónicos sobre a saúde animal e humana, e deste xeito reducir a produtividade nas explotacións.

Existen evidencias de que as ensilaxes de millo son o constituínte da ración que achega a maior parte das micotoxinas inxeridas polas vacas de leite. o risco para a saúde humana asociado á contaminación dos pensos con micotoxinas é xeralmente baixo, ainda que algunhas delas presentan unha tasa de transferencia non despreciable ata o leite. Destaca o caso da aflatoxina B1 que é metabolizada e excretada no leite en forma de aflatoxina M1. estímase que entre 1-3 % da aflatoxina B1 presente en silo/penso pode ser excretada no leite. ademais, é moi frecuente a aparición simultánea de varias micotoxinas nos silos así como a existencia de micotoxinas enmascaradas (glucósidos zearalenone (ZEA)-4G e desoxinivalenol (DON)-3G ou ligazóns non covalentes para fumonisinas).

Tendo en conta o potencial de contaminación por micotoxinas, é importante adquirir datos tanto sobre o tipo como sobre a distribución de micotoxinas en ensilaxes. por todo iso, na unión europea aprobáronse normas que regulan o contido máximo de varias micotoxinas na alimentación animal, e a axencia de seguridade alimentaria europea (EFSA) recomenda que se desenvolvan e validen métodos multi-toxinas. a este respecto, a cromatografía líquida con espectrómetría de masas en tándem (LC-MS/MS) destacouse nos últimos anos como un dos métodos máis sensibles e robustos para a análise de contaminantes orgánicos, especialmente micotoxinas.

As 24 micotoxinas contempladas neste proxecto son Aflatoxinas B1 e G1, Ocratoxina A (OCA), Zearalenone (ZEA), Fumonisinas B1, B2, Deoxinivalenol (DON), Toxinas T2 e HT2, 3 e 15-acetyl-deoxynivalneol (3-ADON, 15-ADON), Ácidos Micofenólico e Penicílico, Verrucologen, Roquefortina C, Enniantin B, Enniantin B1, Sterigmatocystin, Marcfortine A, Alternariol, alpha-Zearalenol, Beta-Zearalenol, Andrastin A e Penitrem A.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados