fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: IN852A 2013/86 CONECTA-SOUTO
Ano de inicio: 2014
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch, Thierry Dagnac, Juan Valladares. Empresa Contratante: Gallanova Norte SL
Departamento:
Área:

 Subproxecto CIAM:  Uso de taninos hidrolizábeis extraídos da madeira do castiñeiro nas dietas de vacas de leite en sistemas de alimentación en pastoreo de pradeiras en Galicia: efecto sobre a produtividade animal, a composición fisicoquímica do leite e a transferencia de moléculas funcionais do pasto ao leite.

Obxectivo:
 
Avaliar a capacidade dos taninos extraídos de madeira de castiñeiro (Castanea sativa L.) en dietas de vacas leiteiras en pastoreo para promover unha mellora da produción e composición fisicoquímica do leite, así como para incrementar de forma natural a transferencia de ácidos graxos poliinsaturados e antioxidantes liposolúbeis desde os pastos ao leite, mellorando o carácter funcional deste produto. 
 
Accións:
 
O subproxecto estrutura-se en dúas accións que se desenvolverán nos períodos de primavera do ano 2014 e de outono-inverno dos anos 2014-2015.
 
Na primeira (Acción 1) se pretende determinar a dose óptima de taninos hidrolizábeis de castiñeiro a utilizar  na ración diaria de vacas de leite en sistemas de pastoreo. 
 
Na segunda (Acción 2) se estudará o efecto de engadir ou non taninos hidrolizábeis de castiñeiro, á dose óptima definida na Acción 1, á dieta de vacas leiteiras que pastan o crecemento de outono-inverno dunha pradeira. 
 
A avaliación do efecto dos taninos se realizará a partir dos resultados de produción e calidade fisicoquímica do leite, nível de urea en leite, perfil de ácidos graxos e contido en retinol, carotenoides e vitamina E do leite. 
 
As pradeiras elixidas constarán dunha mestura binaria de raigrás inglés e trevo violeta. 
 
Elíxese a especie pratense trevo violeta en base ao seu elevado contido en proteína e á súa capacidade de transferencia de acedos graxos insaturados ao produto leite. 
 
A avaliación da efectividade dos taninos no pastos de primavera se realiza no momento que coincide co máximo crecemento das pradeiras nas condicións agroclimáticas das explotacións de leite galega. 
 
O estudio de pastoreo de outono-inverno se realiza sobre o pasto acumulado dos meses de setembro, outubro e novembro tras o periodo de seca estival. 
 
Neste momento os pastos presentan un baixo contido en carbohidratos non estruturais e un alto contido en proteína degradábel, condicións que favorecen unha baixa utilización do N inxerido a partir das forraxes e que pode ser aumentada polo uso dos taninos na dieta. 
 

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados