fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2013/062
Ano de inicio: 2013
Investigador Principal: Maria Dolores Díaz Díaz
Outros investigadores: Gonzalo Flores, Santiago Crecente, José Angel Salvatierra, Nieves Díaz. EMPRESA SOLICITANTE: Cecoagro Central de Compras
Departamento:
Área:

O cultivo de proteaxinosas e oleaxinosas en Galicia é practicamente nulo, tan so 1.774 ha. no ano 2011 (Anuario Estatística Agraria 2011 de Galicia), as cales serán practicamente para autoconsumo humano. 
 
Isto quere dicir que estamos a tratar duns cultivos novos e dos que apenas existe información agronómica, variedades, rendementos,.. 
 
Neste proxecto preténdese avaliar diferentes variedades de:
 
- Proteaxinosas:
• Haboncillos: Tan so hai información como cultivo forraxeiro, polo que é necesaria información para produción de gran.
• Altramuz: Non se cultiva en Galicia a día de hoxe. A Misión Biolóxica de Galicia conta con máis de 150 ecotipos recollidos en Galicia, polo que se pretenden avaliar para seleccionar as de maior interese, rexeitando as de altos contidos en taninos.
 
- Oleaxinosas:
• Colza: Escasa superficie cultivada en Galicia, existindo algún estudio en concreto, pero de gran demanda polas fábricas de pensos galegas como substitutiva da soia.
• Liño: Moi pouca información e foi un cultivo de gran importancia en Galicia con aptitude téxtil nos anos 50. 
 
Actualmente existe unha gran demanda de gran polo seu elevado contido en ácido linoleico, para producir leite/carne rica en Omega 3, tendo un elevado valor no mercado de materias primas.
 
A maior especialización das explotacións galegas foi sobre a produción de alimentos enerxéticos (cereais) mentres que pouco ou nada se fixo sobre proteicos (leguminosas, proteaxinosas e oleaxinosas). 
 
Deste xeito, houbo e hai certa tendencia ao monocultivo de cereais, práctica desaconsellable en agricultura. 
 
Os cultivos que se propón avaliar neste proxecto permitirán facer rotacións cos cereais, mellorando a fertilidade do solo (fixación de nitróxeno), ademais de ser materias primas que maior valor no mercado de fabricación de pensos (substitutivos da soia) e menor requisitos en canto a fertilidade.
 

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados