Código do proxecto: FEADER 2013/057
Ano de inicio: 2013
Investigador Principal: César Resch Zafra
Outros investigadores: Gonzalo Flores, Nieves Díaz, Dolores Díaz, José Angel Salvatierra, Juan Valladares. EMPRESA SOLICITANTE: Progando
Departamento:
Área:
O cultivo da remolacha tivo moito auxe en Galicia nos anos 40-50 do século pasado mais os altos requirimentos de man de obra no cultivo, na colleita e posterior procesado fixeron que fóra abandonado.
Na actualidade existe tecnoloxía que permite a sementeira directa, o control das malas herbas e a colleita e procesado coma en calquera outro cultivo forraxeiro.
A alta produción por ha. que aporta este cultivo e a posibilidade de utilizalo como alternativa en leiras de millo en monocultivo, evitando leiras baleiras no inverno, fai que recupere interese nas explotacións de vacún de leite galegas.
O proxecto que se formula ten tres partes:
1. Cultivo: estudar distintas variedades de remolacha, analizar cómo se comporta no clima e nas terras galegas, vixiar as pragas, enfermidades e malas herbas que poidan aparecer e a produción final.
2. Conservación e aproveitamento: unha vez recollida a remolacha preséntase dúas posibilidades:
A) Gardala sen ensilar para o seu consumo en fresco mesturada co resto de alimentos.
B) Lavala, picala e ensilala para ser consumida deste xeito mesturada nunha ración única.
3. Efecto sobre a produción de leite: faranse probas na granxa da CAP da Coruña con dous lotes de vacas: un deles será alimentado con unha ración testigo e outra con unha ración que inclúa remolacha.