fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2013/022
Ano de inicio: 2013
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch, thyerry dagnac, Bruno Fernández, José Angel Salvatierra Rico, Nieves Díaz. EMPRESA SOLICITANTE: Ligal (Laboratorio Interprofesional de Análise do Leite)
Departamento:
Área:

 O sector produtor leiteiro galego, nun horizonte inmediato de desaparición de cotas de produción, debe reducir os gastos de alimentación para garantir súa viabilidade. 

 
A comparación cos países do noso entorno mostra unha das claves deste reto: incrementar o uso de forraxes de calidade e a súa eficiencia de utilización no racionamento das vacas de leite.
 
O Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite  (LIGAL) é unha asociación sen ánimo de lucro participada directamente por produtores e industria láctea que presta, entre outros, servizos de análise de alimentos para o gando. 
 
Os novos programas de formulación requiren o coñecemento preciso da composición química e o valor enerxético e proteico dos alimentos.
 
A tecnoloxía NIRS está acreditada como a ferramenta máis adecuada para a estimación do valor nutricional das forraxes en base á calidade das predicións, rapidez e economía de mao de obra e reactivos. 
 
Como contrapartida require contar con calibracións robustas e fiábeis para cada tipo de forraxes, que deben ser obxecto de ampliación periodicamente. 
 
As técnicas avanzadas de estimación do valor nutricional de forraxes por NIRS requiren coleccións de mostras nas que se midan a dixestibilidade da materia orgánica (DMO) e a degradabilidade ruminal do N (DEGN) en ensaios específicos cos animais.
 
O proxecto pretende favorecer a redución dos gastos en concentrados mediante a revalorización das forraxes na dieta das vacas de leite diminuíndo ao tempo a excreción de N ao medio por unha mellor utilización no rume. 
 
Para conseguilo obteranse novas aplicacións NIRS para:
 
I) Estimación da DEGN de ensilados de millo e de herba
 
II) Estimación de composición química e DMO de mostras de herba e millo en estado fresco, e
 
III) Estimación de DMO dos ensilados de herba e millo mediante a ampliación da base de datos espectrais e analíticos existentes.
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados