Código do proxecto: ITC-20133040 INTEGRACASTANEA
Ano de inicio: 2013
Investigador Principal: Gonzalo Flores Calvete
Outros investigadores: César Resch, Thierry Dagnac, Juan Valladares. Empresa Contratante: Boibel Forestal SL
Departamento:
Área:
Subproxecto CIAM: Leite de vaca máis saudable e sustentable mediante a incorporación de subprodutos lignocelulósicos (taninos extraídos da madeira do castiñeiro) á dieta do gando vacún alimentado con ensilados de gramíneas e leguminosas forraxeiras pratenses en Galicia.
Obxectivo:
Avaliar o potencial dos taninos hidrolizabeis obtidos do extracto de madeira de castiñeiro (Castanea sativa L.) para mellorar a utilización do nitróxeno da dieta e o perfil de ácidos grasos poliinsaturados do leite de vacún nos sistemas de produción baseados na alimentación con forraxes ensiladas en Galicia.
Accións:
O subproxecto estrutúrase en dúas accións de complexidade crecente. A primeira (Acción 1) refírese á avaliación da dose de incorporación de taninos hidrolizábeis de castiñeiro a dúas especies pratenses con distinto nivel de presecado en campo, no momento de ensilar, sobre as características dos ensilados resultantes.
A segunda (Acción 2) avalía a resposta, en termos de produción e calidade do leite, da alimentación de vacas en lactación con dietas nas que se integran ensilados de raigrás inglés e trevo branco aos que se engade ou non taninos no momento de cultivar a forraxe.
Elíxese a especie pratense trevo violeta en base ao seu elevado contido en proteína e á súa capacidade de transferencia de ácidos graxos insaturados ao produto leite, comparándoa cunha gramínea de referencia, como é o raigrás inglés.