Código do proxecto: FEADER2007-03
Ano de inicio: 2007
Investigador Principal: Maria del Pilar Castro García
Outros investigadores: Maria Pilar Castro García (Marco), Jaime Zea Salgueiro, Nieves Díaz Díaz. Colaboran: Miguel Deiros González, Teresa Moreno López.Empresa: SOCIEDADE COOPERATIVA MONTE CABALAR
Departamento:
Área:
Proponse o establecemento en Galicia dun sistema de explotación de gando equino para o aproveitamento sustentable dos recursos naturais do monte, contribuíndo no control da acumulación de biomasa vexetal ao diminuir os incendios forestais e no desenvolvemento rural ao fixar poboación nas zonas máis desfavorecidas.A compatibilización da cría de équidos cos aproveitamentos forestais para incrementar a rendabilidade das explotacións, vai unido co estudo dos sistemas de manexo máis eficientes do gando equino no monte orientado á produción cárnica. Este modelo baséase na promoción dunha oferta atractiva de novos productos de calidade diferenciada, ligados a unha zona de orixe para a posible creación dun label de carne de poldro galego.Estudiaráse a caracterización conformacional da canal e calidade da carne do poldro, cun acabado apropiado e peso sacrificio determiñado, para establecer un sistema de produción de carne integrado no monte galego.Para realizar o proxecto, utilizaranse 176 poldros en tres fincas experimentais. A Asociación Monte Cabalar, entidade solicitante, desenvolverá simultáneamente ca Asociación Sabucedo, entidade colaboradora, e durante dous anos, o estudo do efecto da carga gandeira no control do mato e mellora da vexetación espontánea do monte. Ademáis desenvolverá o estudo do efecto da idade de sacrificio do poldro para mellorar as características da calidade da canal e carne, rentabilizando a produción.O Centro Tecnolóxico da Carne, é a entidade colaboradora na que se faran as determiñacións analíticas de calidade nutricional, fisicoquímica e sensorial das mostras de carne. A Universidade de Santiago de Compostela participará como Servizo Tecnolóxico Externo para o asesoramento científico-técnico do proxecto.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX