Código do proxecto: FEADER 2013/66
Ano de inicio: 2013
Investigador Principal: Alfredo Taboada Arias
Outros investigadores: Antonio Rivera Martínez. EMPRESA SOLICITANTE: Wamestrada S.L.L.
Departamento:
Área:
O promotor do presente proxecto é a empresa WAMESTRADA S.L.L., dedicada a venda de sementes en xeral.
Con este proxecto, a empresa pretende poñer en marcha a iniciativa empresarial, consistente na reprodución e comercialización de sementes de variedades autóctonas galegas de tomate (“negro de Santiago”), pemento (Padrón “Entenza”, Couto “San Martiño”, “Arnoia”, “Oimbra”, “ Mougán” e “Vilanova”), cebola (“Betanzos”, “Vilanova” e “Ribadeo”) e repolo (“Betanzos”).
O CIAM colaborará coa empresa, aportando as liñas puras das diferentes variedades, a partir das que se fará a selección e mellora ó longo de toda a duración do proxecto.
Esta selección e mellora levarase a cabo no CIAM e na Estación de Experimentación Agrícola do Baixo Miño de Salceda de Caselas.
Unha vez feita a selección e a súa posterior avaliación e caracterización, o obxectivo da empresa será a súa inscrición no Rexistro de Variedades Comerciais da Oficina Española de Variedades Vexetais.
Estes traballos complementaranse coa realización de paneis de catas das diferentes variedades.
Como complemento a estas tarefas realizarase un estudo xurídico e organizativo do proceso a seguir para que a empresa poida poñer no mercado as sementes das variedades obtidas, tendo moi presente as diversas formas de interacción cos produtores.
Farase tamén un estudo económico dos custos da reprodución de sementes e a produción de plantas das variedades obxecto deste proxecto, co fin de determinar as diversas posibilidades comerciais das mesmas no mercado galego.