fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2012/02
Ano de inicio: 2012
Investigador Principal: Thierry Jean Dagnac
Outros investigadores: Thierry Dagnac, Gonzalo Flores, César Resch, Bruno Fernández, Juan Valladares, Teresa Moreno, Alicia Latorre. EMPRESA SOLICITANTE: Leyma.
Departamento:
Área:

 O proxecto empresarial LEYMA NATURA implica a 260 granxas leiteiras galegas que producen unhas 85 mil t de leite con alto contido en ácidos graxos poliinsaturados (AGPI), beneficiosos para a saúde humana, mediante a alimentación das vacas seguindo modelos pouco intensivos.

 
A acción de cooperación pretende aumentar o valor do proxecto mediante a obtención dun leite funcional, co carácter insaturado da liña NATURA, enriquecido de forma natural en antioxidantes liposolúbeis (vitamina A e VE, β-caroteno e xantofilas) mediante a alimentación con pastos frescos e ensilados, cunha procedencia que poida ser acreditada mediante trazadores químicos que se transfiren dos pastos ao leite.
 
O traballo estructúrase en tres anos e catro grupos de tarefas (GT): 
 
- GT 1, consistente na adaptación, optimización e validación de métodos de cromatografía líquida para a determinación de antioxidantes liposolúbeis en mostras de pastos e leite, actualmente non dispoñíbeis. 
 
- GT 2, nas que se  estudará a relación entre o sistema de alimentación do gando e a presenza de antioxidantes no leite. No CIAM realizaranse ensaios específicos de alimentación con pastos frescos e ensilados de distintas especies (GT2.1). Será analizado o efecto do modo de produción (ecolóxico vs. Convencional intensivo e extensivo) sobre a calidade e a presenza de moléculas funcionais (AGPI e antioxidantes) no leite dunha mostra de explotacións representativas (GT2.2).
 
-GT 3, onde se avaliará en qué medida a presenza de antioxidantes no leite de pasto, rico en AGPI, protexe a graxa de oxidacións espontáneas que reducen a vida útil do produto e afectan á aceptabilidade polo consumidor.
 
- GT 4, onde se desenvolverán modelos baseados en trazadores químicos presentes no leite co obxectivo de garantir a procedencia do mesmo en canto ao sistema de alimentación con pastos.
 
A mellora dos sistemas de alimentación mediante a optimización do uso de pastos frescos e ensilados nas explotacións permitirá producir un leite diferenciado máis saudábel e sostíbel, xerando un valor extra para os produtores e a industria.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados