fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2012/34
Ano de inicio: 2012
Investigador Principal: Jaime Fernández Paz
Outros investigadores: Juan Valladares Alonso EMPRESA SOLICITANTE: Hijos de Rivera S.L.
Departamento:
Área:

A vinculación da industria agroalimentaria cos produtores das materias primas que son empregados na elaboración dos seus produtos, é cada vez máis estreita debido ó obxectivo de aumentar a eficiencia da utilización das mesmas no proceso produtivo. 
 
Este motivo ligado a que cada vez ten mais forza nos consumidores optar a diferentes produtos fóra dos habituais e cada vez máis ligados á zona que habitan son os que queremos cumprir coa presentación deste proxecto.
 
O presente proxecto busca tal diferenciación mediante a elaboración de dous novos produtos: unha cervexa que empregue o lúpulo silvestre atopado en Galicia e por outro lado unha cervexa con lúpulo cultivado en Galicia seguindo os requirimentos da agricultura ecolóxica.
 
Baseándonos nas experiencias previas que Hijos de Rivera (HdR) realizou co Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e o nivel de complicidade alcanzado tanto có centro coma cos agricultores da zona, cremos que esta iniciativa pode brindarnos unha boa oportunidade para explorar estes cultivos na elaboración de novas cervexas.
 
Neste traballo caracterizaranse plantas de lúpulo silvestre e lúpulo de produción ecolóxica, dende os diferentes aspectos: xenético, agronómico e químico. 
 
Na parte final do mesmo estudaranse os comportamentos das dúas orixes no proceso da fabricación da cervexa.
 
Como conclusión do mesmo obterase información relevante tanto para a produción de cervexa coma para o cultivo desta materia prima (imprescindible na industria cervexeira) e a súa diferenciación nos mercados tanto nacionais coma internacionais.
 

 

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados