Código do proxecto: FEADER 2012/30
Ano de inicio: 2012
Investigador Principal: Juan Fernando Castro Insua
Outros investigadores: Maria Dolores Báez Bernal, Maria Isabel García Pomar, Juan Valladares Alonso. EMPRESA SOLICITANTE: Pro Agro Servicios S.L.
Departamento:
Área:
Con este proxecto a empresa PRO AGRO SERVICIOS S.C. localizada no Concello de Mazaricos e dedicada á prestación de servizos agrogandeiros e forestais, pretende promover unha iniciativa de innovación tecnolóxica para mellorar a eficiencia da práctica do encalado nos solos galegos.
Con este proxecto preténdese adaptar a maquinaria de aplicación de abono orgánico (cisternas de xurro), para aplicar simultaneamente o material encalante co xurro, ou de forma independente diluído en auga (cal líquido).
A empresa pretende con esta nova tecnoloxía dar un paso máis na valorización da cuncha de mexillón moída (residuo problemático da industria conserveira) como material encalante para corrixir a acidez dos solos galegos, animada polos resultados do proxecto feader de referencia:
FEADER 2009-37 sobre VALORIZACIÓN DO XURRO EMPREGANDO CAMA DO GANDO EN BASE A MESTURA DE SUBPRODUTOS FORESTAIS CON CUNCHA DE MEXILLÓN.
Preténdese deseñar uns prototipos de cisternas de xurro adaptadas que leven incorporado un sistema de dosificación do material encalante, tanto cuncha de mexillón como carbonato cálcico moídos finamente, que será aplicado como dilución evitándose os problemas de contaminación atmosférica por po diseminado polo vento.
Con esta innovación tecnolóxica espérase mellorar a efectividade do encalado ao poder utilizar un grao de moenda superior e polo tanto unha granulometría máis fina que fai que reaccione máis rapidamente para neutralizar a acidez do solo.
Para o deseño dos prototipos solicitarase o apoio do Centro de Innovación e Servicios (CIS) do Deseño e a Tecnoloxía de Galicia, como experto no proceso de innovación e deseño de tecnoloxía industrial en Galicia.
Contarase tamén coa participación dunha empresa de fabricación de cisternas de xurro situada na comarca do Xallas e co CIAM.