fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2012/24
Ano de inicio: 2012
Investigador Principal: María José Bande Castro
Outros investigadores: César Resch Zafra e Bruno Fernández Lorenzo. EMPRESA SOLICITANTE: Progando
Departamento:
Área:

 O proxecto ten como obxectivo o incremento da rendibilidade dos cultivos nas explotacións de leite baixo dúas premisas: mellora dos cultivos en alternancia co millo forraxeiro e introdución do sorgo como cultivo de verán en determinadas circunstancias.

 
Preténdese incrementar o coñecemento sobre as mesturas de gramíneas con leguminosas sementadas en rotación co millo forraxeiro, abordaranse tres variables que se consideran importantes á hora de tomar decisións sobre este cultivo nas explotacións.
 
A primeira sería o estudo das precocidades de diferentes gramíneas para a súa utilización nestas mesturas, resulta este un elemento clave que condiciona o crecemento da leguminosa que vai asociada con ela, un exceso de precocidade provocaría un afogamento da leguminosa pola propia gramínea e unha precocidade serodia de máis faría que a competencia das malas herbas fóra excesiva e arruinaran o cultivo. 
 
A porcentaxe de leguminosa que utilizaremos na mestura sería a segunda variable a estudar, deste xeito afondaríamos no coñecemento para poder chegar á fórmula que una o compromiso entre calidade e cantidade do cultivo. 
 
Como terceira variable abordaríamos a cantidade de fertilizante nitroxenado necesaria para que o cultivo cumpra os obxectivos de calidade e cantidade del agardados. 
 
Como segundo gran obxectivo deste proxecto preténdese avaliar a potencialidade do sorgo como cultivo de verán en substitución do millo en zonas nas que a escaseza de precipitación fan que este cultivo teña unha mellor adaptación teórica que o millo, é por elo que se pretende avaliar a produción de calidade de diferentes variedades de sorgo que aínda estando no mercado, non se probaron en condicións de Galicia. 
 
A avaliación pretende ser nun primeiro ano cuantitativa e no ano dous do proxecto faranse ensaios nun escolmo de variedades do primeiro ano onde xa se determinarán características de valor nutritivo das variedades escollidas.
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados