Código do proxecto: FEADER 2013/58
Ano de inicio: 2013
Investigador Principal: Bruno Fernández Lorenzo
Outros investigadores: Gonzalo Flores Calvete e Cesar Resch Zafra. EMPRESA SOLICITANTE: Alimentación Siglo XXII S.L
Departamento:
Área:
O novo produto AC-Supersil é un inoculante para ensilado de millo, composto por microorganismos seleccionados polo seu poder proteosintético, que pode incrementar a proteína verdadeira da forraxe chegando a duplicar os valores normais de proteína bruta (6-7% MS).
É de supoñer a importancia de contrastar a súa utilidade para a gandería galega, xa que en Galicia o millo é a forraxe máis utilizada na alimentación do vacún de leite y cultívase o 79.7% do total do millo forraxeiro de España.
Os microorganismos do inoculante necesitan para a súa multiplicación un substrato rico en carbohidratos (CHO) fermentables e o aporte dunha fonte de nitróxeno non proteico (NNP).
O millo é rico en CHO e a urea (46% N) é unha fonte barata de NH3 e segura de aplicar a forraxe. Xa que o AC-Supersil é un inoculante novo, non hai información bibliográfica acerca do seu comportamento nas explotacións.
Estudos previos, realizados en explotacións galegas e financiados pola empresa Alimentación Siglo XXII, permitiron detectar puntos críticos no proceso de aplicación do produto e o comportamento da fonte de NNP no silo que poderían comprometer a efectividade do inoculante e que deben ser aclarados en ensaios posteriores. Estes problemas concrétanse en:
A) Coñecer con máis detalle a dinámica da hidrólise da urea no ensilado de millo, o seu efecto sobre a efectividade do inoculante AC-Supersil e a calidade do ensilado;
B) Avaliar a posibilidade de utilizar unha fonte alternativa de NNP como o amoníaco en solución e o efecto dunha ureasa sobre a efectividade do inoculante AC-Supersil;
C) Avaliar a mellor tecnoloxía para lograr unha mestura homoxénea da fonte de NNP, o inóculo e a forraxe, para conseguir un óptimo funcionamento do produto, garantir a seguridade dos operadores e o gando e conseguir unha forma sinxela e cómoda de aplicación que facilite a adopción da innovación e
D) Avaliar a resposta produtiva do gando leiteiro e a viabilidade económica nas explotacións gandeiras.