fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER2012-20
Ano de inicio: 2012
Investigador Principal: Bruno Fernández Lorenzo
Outros investigadores: Gonzalo Flores Calvete, Thierry Dagnac, Cesar Resch Zafra e Teresa Moreno López. EMPRESA SOLICITANTE: LIGAL (Laboratorio Interprofesional de Análise do Leite)
Departamento:
Área:

 O sector lácteo galego necesita coñecer a composición detallada dos ácidos graxos (AG) do leite, para poder dar resposta á demanda crecente de alimentos saudables. 

 
A industria galega comercializa máis de 100.000 l/ano de leite diferenciado polo contido en AG, producido en máis de 400 explotación.
 
A cromatografía de gases é o método de referencia para a análise do perfil de AG do leite. É unha técnica moi fiable e precisa, pero lenta e cara, polo que non se pode usar como método para a análise de rutina.
 
A espectroscopía FTMIR é unha técnica de análise alternativa ao método de referencia, que permite a análise rápida e barata dun gran número de mostras. 
 
Na actualidade, o LIGAL emprega equipos MILKOSCAN-FT baseados nesta tecnoloxía, para as análises de rutina das mostras de pagamento por calidade (>1.300.000 mostras/ano) e control leiteiro (1.600.000 mostras/ano), polo que ampliar o seu uso para a determinación da composición de AG resulta relativamente sinxelo e barato.
 
O uso da tecnoloxía FTMIR permite obter unha gran cantidade de información coa que ampliar o coñecemento sobre os factores xenéticos e ambientais que afectan á composición de AG.
 
Esta información permitirá desenvolver ferramentas para mellorar a xenética da cabana, os controis de calidade e o manexo das explotacións.
 
Entre os anos 2012 e 2014, desenvolveranse 3 grupos de tarefas (GT):
 
GT-1: Obtención de ecuacións de calibración FTMIR para a determinación do perfil de AG no leite de vacas individuais con equipos MILKOSCAN FT6000
 
GT-2: Identificación dos factores xenéticos e ambientais que afectan aos AG do leite de vaca de explotacións comerciais
 
GT-3: Obtención de ferramentas de apoio ao sector: unha base de datos de mérito xenético e unha aplicación informática de aviso
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados