Código do proxecto: FEADER 2012/27
Ano de inicio: 2012
Investigador Principal: Jesús Francisco Moreno González
Outros investigadores: Laura Campo Ramírez EMPRESA SOLICITANTE: Wamestrada S.L.
Departamento:
Área:
O presente proxecto está impulsado por unha empresa privada, WAMESTRADA S.L.L., dedicada á venda de sementes en xeral, que intenta emprender unha nova actividade empresarial innovadora cara á produción e comercialización de sementes galegas e pretende iniciar esta labor coa posta en marcha da produción de sementes híbridas de millo forraxeiro con destino ao cultivo ecolóxico.
O CIAM colaborará coa empresa aportando liñas puras para o desenvolvemento de variedades de híbridos de millo forraxeiro adaptados ás condicións de Galicia e con un interese potencial no mercado da cornixa cantábrica e León. Aportaría asemade a súa experiencia na produción de sementes híbridas.
O terceiro colaborador será unha asociación de produtores ecolóxicos, que coordinará aos produtores para a realización de ensaios en campo e participará na definición das relacións legais entre empresa e produtores.
As variedades serán producidas primeiro no CIAM, posteriormente en explotacións ecolóxicas, e serán avaliadas e caracterizadas de cara á súa inscrición no Rexistro de Variedades Comerciais da oficina Española de Variedades Vexetais (OEVV).
Paralelamente a este traballo, procederase a un estudo lexislativo e organizativo, para definir cales serán os pasos regulamentarios a seguir para poder poñer no mercado unha semente de millo ecolóxica. Estudarase en especial as formas de integración entre produtores e a empresa para a produción de sementes ecolóxicas.
Realizarase tamén un estudo económico que poida fixar prezos á colaboración con produtores na produción de sementes.