fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: FEADER 2013/65
Ano de inicio: 2013
Investigador Principal: Luis Urquijo Zamora
Outros investigadores: Luis Urquijo Zamora. EMPRESA SOLICITANTE: Cervus poryectos S.L.
Departamento:
Área:

Resumo do proxecto:

Este proxecto é unha continuación e actualización do proxecto FEADER 2010-25 “Consolidación do proceso de produción do trigo galego”, no período 2010-2012 nos que:

1)      Conseguiuse tres novas liñas de mellora de trigo que superan as características da variedade Callobre, por ser máis produtivas e ter máis calidade do gran, unha delas (E7) está lista para o seu rexistro.

2)      Caracterizouse agromorfolóxicamente parcialmente o banco de xermoplasma de trigos autóctonos galegos do CIAM.

3)      Caracterizouse electroforéticamente pola técnica SDS-PAGE o banco de xermoplasma de trigos autóctonos galegos do CIAM.

4)      Conseguiuse tres zonas novas de produción de Callobre con amplo potencial: en Lugo, a zona de Lemos e a zona de Montes de Pombeiro, e na Coruña a zona do Páramo de Teixeiro.

5)      Implantouse un sistema de trazabilidade total da produción de trigo Callobre e detección de fraudes, no itinerario que vai desde o CIAM ata o panadeiro.

Este proxecto estructúrase en 5 obxectivos:

1)      Iniciación do proceso para a obtención dun trigo galego de talla baixa, mediante o cruzamento dun trigo galego cunha variedade comercial, cos xenes de acurtamento do talo e a utilización do método de retrocruzamento

2)      Promoción do pan galego a través do estudo en panadería da calidade do pan feito con diferentes trigos galegos, mediante a realización de probas nunha panadería tradicional

3)      Recuperación de zonas incultas de monte para a produción de trigo galego para panadería artesanal, por medio de ensaios de avaliación de rendemento e calidade de trigo e avaliación da evolución da fertilidade do solo de monte

4)      Rexistro da variedade TGE7 e ensaios demostrativos, mediante campos de demostración

5)      Mellora da sanidade do trigo galego para conseguir un gran de máxima calidade, mediante ensaios de uso de fitosanitarios e busca de ecotipos resistentes á roya amarilla

 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
27/04/2018
Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia
foto
28/02/2018
Xornada: A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na biosfera
foto
24/01/2018
Efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros de verán na Galicia interior
foto
28/12/2017
Convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de tres postos de persoal titulado superior universitario
foto
01/12/2017
A paisaxe agraria galega e a biodiversidade. Natureza-Agricultura-Gandería
foto
24/11/2017
Sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados