Código do proxecto: FEADER 2012/31
Ano de inicio: 2012
Investigador Principal: Mª Isabel García Pomar
Outros investigadores: Mª Dolores Báez Bernal, Juan Castro Insua, Mª José Casal Bouza. EMPRESA SOLICITANTE: Coopertativa Agraria Provincial da Coruña.
Departamento:
Área:
O sector leiteiro ten unha grande importancia na economía agraria galega.
No momento actual as explotacións gandeiras leiteiras necesitan optimizar os beneficios xa que aos altos prezos dos insumos súmanse os baixos prezos do leite.
Unha parte importante dos insumos son os fertilizantes, sobre todo os nitroxenados, que ademais supoñen un risco para o medio ambiente (eutrofización das augas e emisións de gases de efecto invernadoiro na fabricación e aplicación).
O obxectivo do proxecto é diminuir o uso de fertilizantes nitroxenados nas rotacións forraxeiras tendo en conta o nitróxeno aportado polo solo e polo xurro.
Para coñecer o nitróxeno aportado polo solo por unha banda poñeranse a punto métodos rápidos “in situ” de análises de nitróxeno en solo (reflectómetro e tiras colorimétricas) para o seu uso por persoal técnico e por outra banda desenvolveranse táboas de recomendación nitroxenada con factores de redución do N aplicado en función do cultivo precedente e das condicións edafoclimáticas, que terán un uso doado tanto para técnicos como para gandeiros.
Para coñecer o nitróxeno aportado polo xurro, poñerase a punto un método rápido “in situ” de análises de nitróxeno en xurro (conductimetría) e outro método rápido de análises en laboratorio (NIRS, Espectroscopía do Infravermello Próximo).
Estes aspectos integraranse no programa RAX (Recomendación de Abonado con Xurros) como novas entradas para mellorar as recomendacións de fertilización nitroxenada en cultivos forraxeiros.
Os cálculos da marxe económica das rotacións permitirá ver cal é máis viable dende un punto de vista técnico e económico, aspectos que se conxugarán co beneficio medioambiental.
A transferencia dos resultados ao sector está garantida coa participación activa do persoal técnico da cooperativa nas explotacións dos gandeiros, baixo o asesoramento dos investigadores do CIAM.