Código do proxecto: RTA2008-00117-00-00
Ano de inicio: 2008
Investigador Principal: Ignacio Garabal Sánchez
Outros investigadores: José Ignacio Garabal Sánchez, Juan Antonio Centeno Domínguez, Miroslava Rossenova Atanassova
Departamento:
Área:
RESUMO DO PROXECTO:
ácido linoleico conxugado (CLA) é un grupo heteroxéneo de isómeros do ácido linoleico (18: 2n-6), con dobles enlaces conxugados, que recebeu especial atención por parte de diferentes grupos de investigación nestos últimos anos, debido aos seus efectos potencialmente beneficiosos para a saúde humana (anticarcinoxénico, antiteratoxénico, antiobesidade e antidiabético).
Como consecuencia dos modernas costumes alimenticias da poboación e dos sistemas intensivos de produción animal, estímase que a poboación humana consume na súa dieta menores dosis de CLA que fai 20 anos, namentas que a inxesta de colesterol incrementouse notablemente.
O CLA e o colesterol atópanse de forma natural na graxa do leite, sendo aconsellable incrementar e diminuir de forma selectiva as tasas da inxesta diaria destos compostos nos alimentos.
A proporción de CLA e colesterol no leite pode ser modificada en función da alimentación do gando leiteiro, pero a utilización de microorganismos para reducir o colesterol e aumentar os contidos de CLA son outras das aproximacións da utilidade para elaborar productos alimenticios máis saudables.O proxecto ten como obxetivos:
1. Verificar as bacterias lácticas e levaduras autóctonas, a capacidade de produción de CLA en medios de cultivo habituais e no leite.
2. Verificar as bacterias lácticas e levaduras autóctonas, a eficiencia para a asimilación do colesterol en medios de cultivo.
3. Comprobar as aptitudesprobióticas das bacterias lácticas e levaduras seleccionadas, simulando in vitro as condicións ambientais do bandullo (presencia de bilis e acidez)
4. Completar a identificación e caracterización tecnolóxica de aquelas cepas de maior interese, verificando a ausencia de inhibición por parte de microorganismos a empregar en cultivos iniciadores para a elaboración de productos lácteos.
5. Propoñer unha selección de microorganismos probióticos para o seu emprego como cultivo adxuntos na elaboración de alimentos funcionais con maior contido en CLA e/ou menor contido en colesterol.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX