fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: SC00-085
Ano de inicio: 2000
Investigador Principal: Maria Mercedes Mezo Menéndez
Outros investigadores: CIAM: Mercedes Mezo Menéndez; Mª Cruz López Díaz;Marta González Warleta. Facultad de Farmacia (Universidad de Salamanca): Antonio Muro
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO:

A fasciolose é unha zoonose causada por Fasciola spp., trematodo parasito de distribución mundial que infecta a un amplo rango de mamíferos, principalmente rumiantes.

No gando ovino e bovino, a prevalencia de infección adoita ser elevada, debido ao estreito contacto coas metacercarias infectantes presentes no pasto e á súa alta sensibilidade á infección.

En consecuencia, a fasciolose causa importantes perdas económicas na industria gandeira de moitos países.

A carencia de métodos de diagnóstico sensibles, específicos e fáciles de realizar en condicións de campo dificulta considerablemente o control da enfermidade.

A análise coprolóxico tradicional, baseado na identificación microscópica dos ovos do parásito nas feces, continúa sendo o método de diagnóstico máis utilizado.

Trátase, con todo, dunha técnica pouco sensible, ademais de lenta e laboriosa - conlleva un exame microscópico individual das mostras -, que resulta inadecuada para a análise de grandes rabaños.

Os tests baseados na deteción de anticorpos, aínda que máis sensibles que os parasitolóxicos, adoecen, en xeral, de escasa especificidade debido á carencia de antíxenos purificados, de sensibilidade e especificidade comprobadas.

Os antíxenos utilizados habitualmente para a detección de anticorpos circulantes son os extractos somáticos e produtos metabólicos crus do parásito, formados por mesturas moi complexas de diferentes compostos proteicos que inducen respostas inmunitarias distintas e problemas de especificidade.

A identificación, illamento e caracterización de antíxenos parasitarios son, xa que logo, requisitos imprescindibles para mellorar o serodiagnóstico.

Unha alternativa aos métodos de diagnóstico indirecto é a detección de antíxenos parasitarios, cuxa presencia en mostras biolóxicas do hospedador constituiría unha proba directa de infección activa.

A posibilidade de detectar os produtos de excreción-secreción das fasciolas nas feces do hospedador facilitaría considerablemente o mostreo dos animais no campo.

Non existe no mercado ningún test para a deteción de antíxenos de F. hepatica. Con todo, actualmente disponse das ferramentas necesarias para abordar a posta a piques dun test de diagnóstico destas características.

Por unha banda, a técnicas inmunoenzimáticas son ferramentas de gran sensibilidade potencial cando se utilizan reactivos de calidade.

Por outro, os anticorpos monoclonais son reactivos moi valiosos para a captura, purificación e caracterización de antíxenos parasitarios de importancia no diagnóstico e vacinación

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados