fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RTA2005-00204-00-00
Ano de inicio: 2005
Investigador Principal: Antonio Joaquin González Rodríguez
Outros investigadores: Antonio González Rodríguez. Colaboradores: Orlando Vázquez Yánez, Bruno Fernández Lorenzo, Gonzalo Flores Calvete, Juan Enrique Valladares Alonso y Julio Enrique López Díaz
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO:

Este proxecto propón ensaios para o estudo dos factores que maximizan a inxestión de MS (materia seca) por animal e do equilibrio da ración en sistemas produtivos baseados nos recursos da explotación. A investigación atende á nutrición das vacas e á valoración das súas dietas tanto na cuadra como no pastoreo, durante toda a lactación, para cubrir o desafío de axustar os sistemas de pastoreo tradicionais e planificar novas estratexias de manexo da explotación, tratamos de maximizar a produción por vaca coa contribución de todo o potencial de pasto, usando o concentrado só como suplementación limitada.

Comézase polo estudo dos métodos de estimación da inxestión de materia seca en vacas de leite en pastoreo e introducimos no CIAM a estimación da inxestión total de nutrientes en vacas leiteras mediante a análise das feces, utilizando espectrografía de absorción atómica e o uso de alcanos.

Durante os últimos anos comezou o camiño de revertir a tendencia á intensificación que se observa nas explotacións galegas, participando no proxecto europeo GRAZEMORE “Mellorar o sostemento dos sistemas de produción de leite na Unión Europea incrementando a confianza no pastoreo de praderías" xa finalizado pero en fase de redacción da súa continuación con financiamento pola UE no vindeiro programa Marco.

Para unha mellor planificación deste sistema de soporte de decisións europeo para a análise de sistemas de pastoreo e a súa aplicación a Galiza, estúdase neste proxecto a aplicación dun método sinxelo para determinar a inxestión de forraxes, que podemos contrastar coas máis sofisticadas determinacións no laboratorio, e que sexa axeitado para as explotacións comerciais.

OBXECTIVOS:

- Validacións de GRAZEMORE, un sistema de soporte de decisións europeo para a análise de sistemas de pastoreo en Galiza.

- Comparación de métodos de estimación da inxestión de materia seca en vacas de leite en pastoreo.

- Estimación da inxestión total de nutrientes en vacas leiteiras mediante a análise das feces.- Aplicación dun método sinxelo para determinar a inxestión de forraxes axeitado en explotacións comerciais.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados