Código do proxecto: RTA04-135
Ano de inicio: 2004
Investigador Principal: Jesús Francisco Moreno González
Outros investigadores: Jesús Moreno González, María Belén Salleres Neira, Laura Campo Ramírez
Departamento:
Área:
OBXETO DO PROXECTO:
Galiza segue sendo unha das rexións importantes na sementeira de maínzo grao e forraxeiro. A tendencia cara a sementeira de maínzo híbrido segue aumentando. Este uso crecente de semente de maínzo híbrido débese á modernización das explotacións, pero tamén a unha oferta de híbridos comerciais precoces adaptados ás condicións da rexión. O acceso a un material seleccionado con resistencia e tolerancia a pragas e enfermidades é desexable para diversos centros españois que traballan na mellora do maínzo.Este proxecto relaciónase con proxectos previos, dirixidos cara o desenvolvemento de material xenético base de maínzo adaptado a Galiza e ao Norte de España, nos que se tratou de obter un material mellorado de maínzo adaptado ás condicións ambientais das zonas húmidas do Norte de España incorporando material semi-exótico do CIMMYT.
Fíxose énfase especial en afondar nas causas do encamado de maínzo e en buscar criterios eficientes de selección para a resistencia ao envorco.
Neste proxecto, ademais de seguir co desenvolvemento de material base mellorado para Galiza e o Norte peninsular, vanse utilizar as poderosas ferramentas xenéticas dos marcadores moleculares, que servirán de axuda para diseccionar xenomicamente algúns caracteres importantes de natureza cuantitativa, gobernados por moitos xenes con efectos pequenos, como o rendemento, a resistencia ao encamado, a dixestibilidade da fracción verde do maínzo forraxeiro, a dureza do endospermo de maínzo e outros caracteres agronómicos como a precocidade na floración, a altura da planta e da mazaroca.
Isto permitirá mellorar o coñecemento das claves da herdanza e unha análise xenética máis profunda de caracteres que son importantes nos programas de mellora xenética do maínzo cando se tentan seleccionar xenotipos con utilidade agronómica para as condicións das zonas húmidas de España.
OBXECTIVOS:Selección asistida baseada en marcadores moleculares para os caracteres de rendemento de grao, resistencia ao encamado e dixestibilidade da fracción verde da forraxe, mediante avaliación de “testcrosses” obtidos nos cruzamentos de 250-300 individuos derivados dunha poboación F2 por un probador ou “tester” heterótico.
- Formación das subpoboacións seleccionadas no obxectivo 1 mediante a aplicación de (i) tres criterios de selección: (a) exclusivamente fenotípica, (b) selección asistida combinando valores fenotípicos e xenético
-moleculares, e (c) exclusivamente molecular; (ii) dúas intensidades de selección 5% e 10%; e (iii) dous niveis de significación (F = 0,1 e F = 0,01) para a entrada dos QTLs putativos nos modelos de regresión “stepwise”. Estudo da evolución do grao de desequilibrio de ligamento.
- Desenvolvemento e comprobación empírica de modelos estatísticos que permitan unha predición fina da interacción QTLs x ambientes (QTL x E).- Desenvolvemento e selección de liñas puras con boa aptitude combinatoria, precoces e tolerantes a encamado. Avaliación da Actitude Combinatoria Específica de varias liñas S4 a S7 derivadas de poboacións segregantes mediante cruzamentos con probadores (“testers”) heteróticos
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX