fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RTA04-065-C2
Ano de inicio: 2004
Investigador Principal: Jose Luis de Andrés Ares
Outros investigadores: Jose Luis de Andrés Ares, Jaime Fernández Paz, AntonioRivera. Se incorpora posteriormente Alfredo Taboada.
Departamento:
Área:

RESUMO DO PROXECTO:

O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo desenvolve, dende o ano 2000, varios estudos sobre a interacción Capsicum annuum-Phytophthora capsici en Galiza. Estes traballos permitiron coñecer as causas principais da enfermidade da tristura, así como obter 30 xenotipos de pemento de elevada resistencia á Phytophthora capsici. Ademais, téñense desenvolvido estudos agronómicos sobre distintas variedades de pementos.

O proxecto, que se está desenvolvendo actualmente, parte destes resultados previos e ten como obxectivo principal continuar cos procesos iniciados de mellora xenética á enfermidade en pementos de tipo Couto e Padrón. Para isto, estúdanse aqueles aspectos que poden ter especial influencia no desenvolvemento de programas de mellora deste tipo.

OBXECTIVOS: - Estudo dos factores condicionantes da mellora xenética da resistencia á enfermidade da tristura producida por P. capsici nos pementos autóctonos de Galiza:

- Primeiro ciclo de selección e mellora recorrente de pementos de tipo Couto e Padrón á resistencia a P. capsici.- Estudo dos mecanismos de resistencia na interacción C. annuum- P. capsici

.- Estudo dos axentes causantes da enfermidade da tristura nas explotacións de pemento do País Vasco.

- Estudo da interacción C. annuum- Verticillium dahliae. Avaliación da tolerancia de liñas de pementos autóctonos de Galiza e do País Vasco fronte a cepas de V. dahliae recollidas nestas comunidades.

- Caracterización morfolóxica, agronómica e xenética de 54 liñas de pemento autóctono de Galiza e do País Vasco.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
27/04/2018
Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia
foto
28/02/2018
Xornada: A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na biosfera
foto
24/01/2018
Efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros de verán na Galicia interior
foto
28/12/2017
Convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de tres postos de persoal titulado superior universitario
foto
01/12/2017
A paisaxe agraria galega e a biodiversidade. Natureza-Agricultura-Gandería
foto
24/11/2017
Sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados