fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RTA03-039-C3
Ano de inicio: 2003
Investigador Principal: Claudio López Garrido
Outros investigadores: Cláudio López Garrido, Fernando Barbeyto Nistal, Antoni Segui Parpal, Benito Fernández Rodriguez-Arango, Patrícia Santórum González
Departamento:
Área:

INTRODUCCIÓN E OBXECTIVOS

Este proxecto é a segunda parte do RTA02-108, de título “Comparación Internacional de custo de produción de leite”, co que se pretendía extender a outras comunidades Autónomas a metodoloxía probada na Galiza. Ten, por tanto, os mesmos obxectivos: Identificación dos sistemas de produción de leite de vacún en España e a comparación dos seus custos de produción cos dos países europeus, así como contribuir á construción dunha rede internacional permanente de estudo dos custos de produción de leite.

METODOLOXIA

A tipoloxía de sistemas seguiu a de ELPEN (European Livestock Policy Evaluation Network) adaptada á disponibilidade das fontes de información e ás condicións da estrutura produtiva española. Os criterios utilizados foron: Especialización produtiva, dimensión, distribución de usos da superficie forraxeira e intensificación. En función do número de vacas, carga gandeira e uso do solo, buscaron-se explotacións dos tipos escollidos en Galiza, Cantabria e Cataluña.

Para Europa tomaron-se as de EDF en 2002 e 2003. En total, analisaron-se 319 explotacións de 15 países da UE (Austria, Bélxica, Suíza, Alemaña, Dinamarca, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Luxemburgo, Holanda, Polonia, Suecia, Reino Unido e España), das que 68 eran españolas.Fixo-se unha primeira comparación da totalidade das explotacións considerando a UE como unha unidade, en función da dimensión do rabaño, intensificación produtiva e uso do solo e, logo, compararon-se os valores medios dos 15 países, individualmente e por grupos. Dentro de cada grupo fixo-se unha comparación por estratos de tamaño.

No caso de España e do resto da UE fixo-se unha análise da varianza. Sendo as variábeis mais explicativas a dimensión do rabaño e a carga gandeira, agruparon-se, en función delas, as explotacións de España e a UE e compararon-se as duas combinacións mais frecuentes e de maior interese. Tamén se compararon as explotacións españolas coas da UE en función da Marxe Neta e do Beneficio. Por último, fixo-se unha Análise de Clusters para agrupar, tanto na UE como en España, as explotacións en función do tamaño, intensificación productiva e rentabilidade.Para as análises da Varianza, de Componentes Principias e de Clusters utilizou-se o paquete estatístico SAS (Procedimento GLM) e a separación de medias das variábeis con test F significativo fixo-se mediante o test de Duncan (?=0.05).

RESULTADOS E DISCUSION

Ainda que o estudo está referido a Galiza, Aragón, Cataluña e Cantabria, este grupo de Comunidades Autónomas ten o 52% da cuota española e o 65% das explotacións leiteiras e, por tanto, é bastante representativo do conxunto do Estado. Identificación dos sistemas de produción de leiteAs modificacións introducidas simplifican e melloran a clasificación ELPEN. A combinación entre criterios de clasificación oferece una visión das similitudes entre as explotacións españolas e o conxunto das europeas.

Os que mellor recollen a diversidade existente son tamaño e carga gandeira. Dos 40 posíbeis tipos de explotación, resultado del cruce de ambos criterios, na UE se encontran 36 e en España 25. A combinación de tamaño con uso do solo evidencia como se adaptan os sistemas ás condicións de cada zona. A relación entre tamaño e intensificación mostra que as cargas gandeiras e os gastos en cultivos e alimentos por ha son mais altos en España que en Europa. As diferenzas de eficiencia son enormes.

No grupo de 2-3 vacas/ha, algunhas explotacións non alcanzan os 1000€/ha e outras superan os 3000 €/ha.Para validar a tipoloxía excluiu-se Suíza, Hungría e Polonia polas suas peculiaridades e aplicou-se a Análise de Componentes Principais ás 40 variábeis mais representativas dos sistemas produtivos de España e do resto da UE. Os resultados foron parecidos. Os dous primeiros factores son idénticos (tamaño e resultados económicos unitarios) e dos restantes o único con significación clara é a intensificación.

Como os resultados económicos non se coñecen a priori, tamaño e intensificación son os criterios que mellor tipifican os sistemas de produción. Análise comparativa considerando Europa como unha unidadeConsiderando toda Europa como unha unidade, clasificaron-se as explotacións segundo os criterios de tamaño do rabaño, carga gandeira e uso da superficie forraxeira.

Da análise por número de vacas deduce-se que ainda que os resultados en termos absolutos melloran ao aumentar o rabaño, non acontece o mesmo coa eficiencia produtiva. De facto, os custos directos por 100 kg de leite nas de 20-40 vacas son mellores que nas de 200-500 vacas. A Marxe Neta unitaria é maior nas pequenas explotacións; mais non así o beneficio, debido aos custos de oportunidade.

Na aproximación por carga gandeira, observa-se que as diferenzas son menores. A similitude de resultados entre o estrato de 1-2 vacas/ha e 3-4 vacas/ha indica que os sistemas extensivos poden obter resultados similares aos dos intensivos. Escoller entre un e outro depende das condicións específicas da zona.Na análise por uso do solo, as explotacións con beneficio unitario mais alto son aquelas nas que predominan os cultivos forraxeiros, ainda que a sua marxe neta unitaria sexa inferior á das que só utilizan prados, porque os seus custos directos son mais altos.

A aproximación por dimensión da superficie forraxeira é a que oferece resultados mais claros. As explotacións de menos de 10 ha poden considerar-se marxinais, ainda que os seus resultados unitarios sexan relativamente bons. No extremo superior, as de mais de 50 ha son as que teñen rabaños mais grandes e vacas con rendimentos mais altos. Ainda que a sua marxe neta unitaria sexa menor, o seu beneficio é superior ao do resto polos seus menores custos de oportunidade.

Tamén é maior a sua produtividade do traballo e a produción baseada en forraxes. Análise comparativa por países O criterio da dimensión distingue claramente os antigos países socialistas, con explotacións de grande tamaño e baixa produtividade, de aqueles con pequenas explotacións. O criterio do uso do solo distingue os países en que os prados ocupan mais do 75% da superficie forraxeira (Reino Unido, Irlanda, Holanda e Suiza), de aqueles onde non chega ao 30% (Dinamarca, Hungría, Italia e Suecia).

No grupo intermedio está o resto. O criterio de intensificación, excluindo Suecia polas suas condicións climáticas, distingue o grupo con altas cargas gandeiras e elevados gastos en cultivos e alimentos por ha (España e Italia), outro onde a elevada carga gandeira non supón un gasto alto en alimentos e cultivos por ha (Irlanda e Holanda) e um terceiro con un gasto en alimentos e cultivos por ha próximo aos 1000 €/ha e menos de 2 vacas/ha.

Á marxe da singularidade de Suíza, os mellores resultados en Marxe Neta corresponden a Irlanda e Austria, apesar de que os prezos do leite son dos mais baixos. Na retribución do traballo, á marxe de Hungría cuxos resultados son mui baixos, cabe destacar Irlanda e Suecia que alcanzan 22 €/hora e Alemaña e Franza que superan os 16 €/hora. Porén, as diferenzas dentro dun país poden ser maiores que as existentes entre as medias dos distintos Estados.

Os resultados españois sitúan-se nunha zona intermedia, apesar da pequena dimensión das explotacións e da intensificación dos sistemas produtivos.Análise comparativo por grupos de paísesSepararon-se os países por grupos e estratos de dimensión do rabaño para evidenciar o sesgo que introducían no conxunto as explotacións de Suíza, Hungría e Polonia. Para España e o resto da UE realizaría-se unha análise da varianza.

A comparación mostra que, salvo para algunha variável irrelevante, as diferenzas son significativas para todas as demais. As explotacións españolas son mais pequenas e os seus ingresos, custos de produción e resultados son inferiores, salvo para e Umbral de Rentabilidade I, que é significativamente superior ao do resto da UE, apesar de que as diferenzas non son significativas para a Marxe Neta por 100kg de leite. Comparación das explotacións dentro de cada grupo de paísesA comparación anterior é pouco indicativa debido á grande heteroxeneidade das explotacións europeas.

Por esta razón, estudou-se cada un destes grupos para analisar as diferenzas existentes entre estratos de tamaño dentro de cada un deles. En España só a produción de leite por explotación e o valor do capital investido apresentan diferenzas significativas claramente relacionadas co tamaño do rabaño. No estrato superior (200-500 vacas) tamén existen na produtividade do traballo.

Salvo entre os extremos, e non para todas as variábeis, apenas existen diferenzas entre estratos segundo o número de vacas. As explotacións de menos de 80 vacas teñen uns bons resultados en termos de Marxe Neta e Umbral de Rentabilidade I, pero os seus custos de oportunidade son mui altos, o que explica os seus maus resultados en Beneficio e Umbral de Rentabilidade II.Entre as explotacións do resto da UE, non hai diferenzas significativas de ingresos nen de custos directos nen de resultados, debido á grande variabilidade que existe dentro de cada estrato. En Suíza, o grupo con mellores resultados é o de 40-60 vacas e en Hungría e Polonia o de 100-200 vacas.Comparación entre España e o resto da UE por estratos

Comparadas as explotacións de España co resto da EU para cada un dos estratos, observa-se que o que diferencia ás explotacións españolas das europeas é a base territorial e, por tanto, os gastos que se derivan do seu menor tamaño, como o maior uso de concentrado e as cargas gandeiras mais altas. Isto non significa que os resultados sexan peores. De facto, a partir de 80 vacas non son diferentes e nos estratos de 40-60 e de 60 -80 vacas, os resultados mesmo son mellores. Só nas explotacións de 20-40 vacas, os resultados son significativamente inferiores nalgunhas das ratios.

Comparación por tamaño e carga dos estratos mais representativosConsiderando conxuntamente tamaño e intensificación, seleccionaron-se as combinacións con maior número de explotacións, tanto para España como para o conxunto de EDF e de mais interese. No grupo de 20-40 vacas con 1-2 vacas/ha, o mais salientábel é a ausencia de diferenzas significativas nos resultados económicos. No grupo de 60-80 vacas e 2-3 vacas/ha, as diferenzas son significativas a favor das españolas para a Marxe Neta por 100 kg de leite e para o Umbral de Rentabilidade I, apesar de que a relación entre o prezo de leite e o do concentrado é significativamente desfavorábel. Por cima das peculiaridades nacionais, o que distingue ás explotacións dun mesmo tamaño e carga gandeira é a incidencia da alimentación.

No caso español, cabe destacar o seu elevado custo para uns rendimentos lácteos inferiores aos europeus.Comparación en función da Marxe Neta/100 kg Non existen diferenzas significativas entre as explotacións de cabeza españolas e as da UE en Marxe neta e Umbral de Rentabilidade I pero as europeas son significativamente mellores en Beneficio, Umbral de Rentabilidade II e retribución do traballo.

O que mellor explica a diferenza entre as explotacións de cabeza e cola, en función da Marxe Neta, tanto en España como en Europa, é que nas primeiras son significativamente superiores os ingresos totais e menores os seus custos directos. En España, o consumo de concentrado por vaca, o gasto en alimentos e cultivos por ha e o rendimento por vaca son significativamente menores.

As explotacións europeas, tanto nos grupos de cabeza como de cola, ademais de ser de maior tamaño, teñen menores gastos en alimentos e cultivos por hectárea e rendimentos mais altos por vaca que as españolas. En resume, as explotacións españolas, tanto de cabeza como de cola son menos competitivas que as europeas. Os seus ingresos e custos directos son inferiores e os seus custo de oportunidade mais elevados.

Cumpre salientar a inexistencia de diferenzas no consumo de concentrado entre as españolas de cabeza e as da UE de cola.Análise comparativa en función do Beneficio/100 kgNon existen diferenzas significativas entre as explotacións sen perdas de España e da UE en Marxe Neta, Beneficio, Custo de oportunidade, Custo total e Umbrais de Rentabilidade. Entre as explotacións con e sen perdas de UE non existen diferenzas no consumo de concentrado e no gasto en alimentos e cultivos por ha.

Debido ao peso dos custos de oportunidade, as conclusións parecen más claras ao utilizar como criterio a Marxe Neta. As explotacións españolas con beneficio son mais intensivas que as que teñen perdas, na medida en que consumen mais concentrado. Tamén teñen custos mais altos de alimentos e cultivos por unidade de superficie e obteñen rendimentos por vaca mais altos, do que se deduce que a superioridade teórica dos sistemas extensivos é menos importante que a boa xestión empresarial.

En síntese, o problema das explotacións con peores resultados debe-se a que tendo uns ingresos inferiores teñen, tamén, uns custos superiores.Aplicación da Análise ClusterNa Análise Cluster tomaron-se os factores resultantes da Análise de Componentes Principais para agrupar as explotacións.

A comparación dos agregados resultantes, tanto para UE como para España, limitou-se aos tres factores identificados como Tamaño, Rentabilidade e Intensificación, tomados dous a dous.A combinación de dimensión e rentabilidade, os dous factores que explican maior percentaxe da varianza, permitiu comprobar que en toda Europa existen pequenas explotacións que son capaces de obter unha marxe neta e un beneficio unitarios semellantes ás grandes.

Estas explotacións non teñen un prezo do leite superior, pero sí uns custos directos mais baixos e unha percentaxe maior de superficie a prado, así como vacas con rendimentos mais altos.

A combinación de dimensión e intensificación mostra que na UE as explotacións grandes e intensivas son as que teñen mellores resultados, con consumos e gastos en alimentos e cultivos mais altos, compensados pola favorábel relación entre o prezo do leite e o do concentrado. A combinación de rentabilidade e intensificación mostra que as diferenzas entre grupos radican na superficie, prezo do leito e custos directos.

En España, tanto nesta comparación como na anterior, as conclusións son pouco claras, debido á variabilidade dentro de cada grupo. Neste estudo, a Análise Cluster non resultou unha ferramenta adecuada debido á grande variabilidade existente nos grupos, nen aportou mais información da xa fornecida pola Análise da varianza.

CONCLUSIONS

Cos criterios de dimensión e intensificación pode recoller-se a totalidade de sistemas produtivos existentes na UE. Superficie e carga gandeira son as variábeis que mellor sintetizan ditos criterios.As diferenzas entre España e o resto da UE son significativas para todas as variábeis relevantes; mais a comparación entre as explotacións promedio no significa nada porque existe unha grande diversidade de tipos de explotación. Por outra parte, as diferenzas entre explotacións dentro dun mesmo país poden ser maiores que as existentes entre os promedio dos distintos países.

Maior tamaño non significa maior eficiencia. A xestión deficiente impede aproveitar as economías de escala. Contodo, a similitude de resultados entre os estratos de 1-2 vacas/ha e 3-4 vacas/ha indica que a opción entre un sistema intensivo e outro extensivo depende das condicións de cada país e que o sistema pode ser menos importante que unha boa xestión. A diferenza fundamental entre as explotacións españolas a as europeas é a menor base territorial, do que deriva o maior uso de concentrado e as cargas gandeiras mais altas, ainda que non se observen diferenzas significativas nos resultados unitarios.

De feito só no estrato de 20-40 vacas, as explotacións españolas teñen resultados significativamente inferiores nalgunhas ratios.Tanto nos grupos de cabeza como de cola, as explotacións europeas teñen menores gastos en alimentos e cultivos por ha e rendimentos mais altos por vaca que as españolas, o que se suma ao seu maior tamaño, pois case triplican a sua superficie forraxeira.

Como a lexislación medioambiental imporá cada vez mais restricións ás praticas agrarias, a ampliación da base territorial das explotacións debera ser un obxectivo prioritario para garantir a sua pervivencia

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados