fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: RF03-007-C3-2
Ano de inicio: 2004
Investigador Principal: Laura Campo Ramirez
Outros investigadores: Laura Campo Ramírez, Jesús Moreno González e Roberto Alonso Ferro
Departamento:
Área:

OBXECTIVOS

1. Conservar as variedades locais de maínzo para o control da erosión xenética nos Bancos de xermoplasma. Renovación da colección multiplicando as variedades con pouco poder xerminativo, con reducidas existencias ou en poboacións cun particular valor histórico.

2. Caracterización primaria dunha colección de variedades que destacan polo seu valor histórico ou agronómico.

3.Estudar a influenza dos carácteres primarios asociados á morfoloxía da planta, tallo e mazurca sobre o potencial forraxeiro dos ecotipos destacados.

4. Comparar a influenza da interacción xenotipo x ambiente nos carácteres primarios e se a interacción é positiva, estudar que factores xenotípicos e ambientais afectan a esa interacción.

RESULTADOS PARCIAIS

A fin de levar a cabo o obxectivo 1 multiplicáronse 22 ecotipos que presentaban peor poder xerminativo ou menores existencias. Para iso sementáronse 6 surcos a fin de conseguir polo menos 150 plantas e realizar tódolos cruzamentos posibles de maneira que cada planta actuase unha vez soamente como femia ou macho.

Para poder levar a cabo o resto de obxectivos realizouse un ensaio cuxo deseño experimental foi un látice triplo 9 x 9 con 1 surco por parcela de 8,4 m de lonxitude e unha separación entre surcos de 0,8 m, onde se evaluaron 76 ecotipos máis 5 testemuñas. A densidade final foi de 75.000 plha.

Os ecotipos máis destacados en producción forraxeira foron ESP11981093 (14686 e 8031 kgha), ESP11985025 (14542 e 8053 kgha), ESP119885020 (14451 e 8250 kgha) e ESP0090322 (14362 e 8649 kgha), en producción de planta enteira e parte verde respectivamente.

Os tres primeiros ecotipos pertencen ao CIAM e o último a MBG. Estes rendementos son moi altos se temos en conta que son ecotipos locais e se os comparamos coas produccións dos híbridos testemuñas, entre eles Maverik, un híbrido de ciclo 400 cunhas produccións difíciles de superar nas condicións ambientais de Galiza. Levouse a cabo unha caracterización detallada dos ecotipos (carácteres de planta, carácteres de mazurca e gran e carácteres agronómicos),

para cumprimentar o obxectivo 2 (datos non mostrados).En canto ao valor nutritivo se evaluaron seis carácteres na parte verde da planta que é a que maior variabilidade presenta : materia orgánica (MO), proteína bruta (PB), fibra acedo e neutro deterxente (ADF e NDF respectivamente), dixestibilidade da materia orgánica in vitro (IVMOD) e carbohidratos non estructurais (CNET). En tódolos casos a eficiencia do Látice foi superior ao de Bloques ao azar, excepto para NDF.

Todos estes carácteres foron evaluados mediante Espectrocopía de Reflectancia en o Infravermello Próximo (NIRS), coas ecuacións desenvolvidas no CIAM. Destacaron pola súa alta dixestibilidade os ecotipos ESP11981033 cun 67,1%, ESP0090242 que alcanzou o 66%, ESP0090241 o 65,6% e ESP11985022 cun 64,4% de dixestibilidade.

DISCUSIÓN

En función dos carácteres máis relevantes elaborouse un índice de selección forraxeiro para coñecer o potencial forraxeiro de cada un dos ecotipos evaluados mediante séntea ecuación: 100 (RENDe + (IVMODpve RPVe) IF = __________________________ - 0,5 (ENCe - ENCt) + RENDt + (IVMODpvt RPVt)sendo:REND: rendemento gran; RPV: rendemento da parte verde; IVMODpv: dixestibilidade in vitro da materia orgánica da parte verde; ENC: encamado.

Os subíndices e t fan referencia aos ecotipos e a media dos híbridos comerciais utilizados como testemuñas respectivamente.Segundo este índice de selección , oito ecotipos presentan un índice de selección por encima do 100%. Os valores máis altos son para os ecotipos ESP0090322 cun valor de 118,5% e ESP0090028 que presenta 113,7%.

Estes datos habería que comparalos cos que se obteñan da análise de resultados da campaña 2005 para estudar o efeito do ambiente.

CONCLUSIÓNS

Os ecotipos evaluados presentaron menores rendementos e maior encamado como era de esperar. Con todo cinco ecotipos alcanzaron produccións superiores aos 14.000 kgha. A dixestibilidade dos ecotipos na parte verde da planta foi superior media das testemuñas en 54 dos 76 ecotipos evaluados, polo tanto algúns destes ecotipos poderían incluírse no plan de mellora para aumentar o valor nutritivo dos novos híbridos experimentais.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados