Código do proxecto: PGIDIT06TAL032E
Ano de inicio: 2006
Investigador Principal: Teresa Moreno López
Outros investigadores: Proxecto de empresa concedido a CorenInvestigadores do CIAM: Lorenzo Montserrat Bermejo (IP), Daniel Franco Ruiz, Teresa Moreno López pasa a ser IP o 10/07/2008. Becarios predoutorales: Esperanza Bispo Villar.Investigador principal en COREN: (Jesús M
Departamento:
Área:
(Sub. 1 10.02.432A.770.0 Sub 2. 10.02.432A.770.0)I.P. COREN-CIAM 2006-2009
RESUMO:
Preténdese estudar en tres anos a rendibilidade do tenreiro Frisón sacrificado a 200 e 350 días, mediante a utilización de 32 tenreiros en leira experimental e en cebadeiro comercial, así como as características organolépticas e sensoriais, o tempo mínimo de maduración e a vida útil en expositor da carne fileteada e envasada ao baleiro de dúas pezas comerciais destes tenreiros e a dos comercializados coa IGP “TG”, mediante a análise de 432 mostras obtidas en 36 animais.
Controlarase o consumo e o índice de conversión de alimentos, o peso o sacrificio, parámetros de calidade sensorial da carne mediante panel de cata; instrumentalmente determinarase a composición química, perfil de acedos grasos e aminoácidos, cor, CRA a carga microbiana e o estado de oxidación mediante TBARS. Os resultados analizásense mediante “Anova” e co paquete estatístico SAS.
Espérase comprobar que co tenreiro Frisón sacrificado a 200 d obtense unha carne case branca a un prezo competitivo, e co de 350 d unha carne apropiada para churrasco; que a carne dos tenreiros da IGP “TG” e os Frisóns de 200 d presentan compoñentes e índices nutricionais favorables para a saúde humana, compatibles cunhas boas características sensoriais; que a carne destes tenreiros pode porse en venda plenamente madurada entre 5-7 d postsacrificio; e que a carne fileteada en envase retráctil ou ao baleiro poderáselle garantir máis de 7 d de vida útil en expositor refrixerado a 3-5º C.
Iso suporía poder utilizar, con rendibilidade adecuada, os numerosos tenreiros de raza frisoa que producidos en Galicia expórtanse descalostrados a outras comunidades.
O proxecto pretende conseguir ademais dar prazos de maduración e vida útil da carne fileteada e envasada adecuada aos tipos de tenreiro que se producen en Galicia, así como proporcionar unha información moi útil ao consumidor sobre o contido en graxa, compoñentes funcionais e aspectos sensoriais.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX