Código do proxecto: PGIDIT05RAG50306PR
Ano de inicio: 2005
Investigador Principal: José Antonio Castro Hermida
Outros investigadores: José Antonio Castro Hermida (CIAM); Mercedes Mezo Menéndez (CIAM); Marta González Warleta (CIAM); Antonio González Rodríguez (CIAM), Jose Manuel Correia da Costa (CECA/ICETA. Porto, Portugal); Antonio Oliveira Castro (CECA/ICETA. Porto, Portugal).
Departamento:
Área:
INTRODUCION:
Os axentes patóxenos involucrados na transmisión hídrica e que constitúen un dos maiores problemas de saúde pública, son os protozoos e en particular destacan Cryptosporidium spp. e Giardia spp.
A cryptosporidiose e a xiardiose son enfermidades parasitarias de especial interese, debido á gravidade das manifestacións clínicas que ocasionan nas persoas inmunocomprometidas e ás importantes perdas que orixinan na gandaría.
A importancia da cryptosporidiose vese incrementada pola ausencia de tratamento eficaz. Os residuos gandeiros son a principal fonte de infección para o home, contaminando os alimentos, a auga ou o ambiente.
A resistencia das formas infectantes ás condicións ambientais e aos desinfectantes habitualmente empregados, así como a gran dificultade para a inactivación e eliminación destes parasitos en augas destinadas ao consumo humano, fan que constitúan un problema no campo da saúde pública.
É de sobra coñecida a importancia económica e social que para Galiza representa a gandaría bovina, a intensificación sufrida nos últimos anos incrementando a produción de xurros, co risco de contaminación hídrica. O reto para proporcionar auga salubre á poboación baséase en caracterizar axeitadamente os riscos e evitar a contaminación por ambos parasitos a través do medio hídrico.
A inexistencia de estudos sobre a presenza, viabilidade e xenotipado de ooquistes/quistes en augas superficiais con influencia gandeira, así como na auga de bebida das granxas e a necesidade de avaliar diferentes desinfectantes para os solos das explotacións co fin de previr ou reducir a contaminación fai conveniente cubrir os seguintes
OBXECTIVOS:
- Coñecer a difusión destas parasitoses no vacún ou no ovino.
- Identificar xenotipos nas explotacións gandeiras galegas.
- Determinar a contaminación por ambos parasitos nas augas superficiais e de bebida nestas zonas.- Avaliar a eficacia de diferentes desinfectantes.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX