Código do proxecto: PGIDIT05RAG50305PR
Ano de inicio: 2005
Investigador Principal: Jaime Zea Salgueiro
Outros investigadores: Jaime Zea Salgueiro, Dolores Díaz Díaz, José Eugenio Rey Fernández, Juan Antonio Carballo Santoalla, Nieves Díaz Díaz
Departamento:
Área:
RESUMO:
Os experimentos deste proxecto foron deseñados para determinar a viabilidade técnica dos sistemas ecolóxicos de produción de carne de vacún na montaña galega e estudar o efecto da sementeira en superficie de trevo branco en praderías xa establecidas, co obxectivo de reducir a dependencia da fertilización nitroxenada e desenvolver así sistemas máis compatibles co medio ambiente.
Do mesmo xeito, trátase de determinar a posible influencia do sistema de explotación (convencional de pastoreo versus ecolóxico) e do tipo de animal (tenreira suprema versus becerro) na calidade do canal (conformación, engraxamento, composición en carne, graxa e óso, etc.) e da carne (cor, capacidade de retención de agua, composición química, veteado, consistencia, tenrura, etc.) e en especial a posible influencia sobre a relación de ácidos graxos da carne pola súa incidencia na saúde humana.Utilízanse lotes de vacas Rubias Galegas e a súa descendencia, sometidos aos seguintes tratamentos experimentais:
I) Sistema convencional a razón de 1,3 vacas/ha.
II) Sistema ecolóxico a razón de 1,3 vacas/ha.
III) Sistema ecolóxico a razón de 1,1 vacas/ha. A metade da superficie adicada a cada un dos sistemas divídese en dúas, unha delas vólvese sementar en superficie con trevo branco.Cando se destetan (7 – 9 meses), os puchos de cada tratamento (a metade machos e a outra metade femias) dividiranse en dous grupos, un grupo de cada tratamento sacrificarase neste momento e os outros serán sometidos a unha alimentación a base de ensilado (ecolóxico ou non, segundo o tratamento) ad libitum e 2 kg de concentrada (ecolóxico ou non), para sacrificalos cando acaden os 410 kg de peso vivo os machos e os 380 kg as femias.Trátase de ofrecer unha alternativa económica e atractiva de animais ecolóxicos do tipo Suprema ou Añojo (da IXP Tenreira Galega) diversificando oferta de carne ecolóxica e de calidade cun prezo máis atractivo para o consumidor.
OBXECTIVOS:
Entre os obxectivos básicos, pódense considerar:
- Desenvolver métodos sinxelos para a transformación en ecolóxica dos actuais sistemas de produción de carne de vacún da montaña galega.
- Determinar a viabilidade técnica dos sistemas ecolóxicos de produción de carne de vacún na montaña galega.- Diversificar a produción con carne de calidade diferenciada.
- Identificación de posíbeis factores de calidade da carne ecolóxica fronte á de procedencia dos sistemas convencionais de pastoreo da montaña galega.
- Determinar a posible influencia dos sistemas de produción ecolóxicos, do sexo e do peso de sacrificio no perfil de ácidos graxos da carne.
- Lograr que os sistemas de produción de carne de vacún sexan máis respectuosos co medio ambiente, en especial no que fai referencia á contaminación por nitróxeno.
-Determinar a capacidade do trevo branco como mellorador das praderías e da dieta en sistemas de produción ecolóxica de carne de vacún con vacas nodrizas.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX