Código do proxecto: PGIDIT05RAG50304PR
Ano de inicio: 2005
Investigador Principal: Lorenzo Monserrat Bermejo
Outros investigadores: Investigadores do CIAM:Lorenzo Monserrat Bermejo (IP); Juan A. Carballo Santaolalla; Daniel Franco Ruiz; Teresa Moreno López; Luciano Sánchez García (Universidade)
Departamento:
Área:
RESUMO:
Cun rabaño experimental de 50 vacas Rubias Galegas e os seus puchos, fillos de sementais Rubios, e os becerros cruzados de Rubio x Holstein-Friesian procedentes do rabaño leiteiro preténdese estudar o efecto sobre a calidade sensorial e nutritiva da carne, do consumo de leite antes do sacrificio, a época de nacemento, o sexo e o carácter dos becerros de clase Suprema e a raza nos de clase Normal. E tentar discriminar polas súas características nutritivas e sensoriais a carne de becerro de clase “Normal” e “Suprema Tradición” Familiar.
Contrólase o crecemento, o peso de sacrificio, os parámetros de calidade sensorial da carne mediante panel de cata e instrumentalmente, a cor, a CRA (capacidade de retención de auga), a composición química e o perfil de ácidos graxos, incluídos os CLAs (ácidos linoleicos conxugados).
OBXECTIVOS:A intención é comprobar:
- Que existen diferencias entre a calidade nutritiva e sensorial da carne de becerros da clase “normal” e “Suprema” como consecuencia do efecto da alimentación láctea no perfil de ácidos graxos.
- Que o amamantamento dálle á carne dos becerros unha característica singular independentemente das variábeis de manexo.
- Que as variábeis de manexo que tenden a prolongar a lactación e a aumentar a produción de leite da nai, como a época de parto, ou o amamantamento libre nos sistemas de pastoreo, potencia as características de calidade singular da carne dos tenreiros de clase “Suprema”.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX