fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Proxectos
proxectos > Introducción
Titulo:
 
Autor:

 


Código do proxecto: PGIDIT05RAG50302PR- SUB-1
Ano de inicio: 2005
Investigador Principal: Thierry Jean Dagnac
Outros investigadores: Thierry Dagnac, Juan Valladares Alonso, José Ignacio Garabal Sánchez, Patricia Rodríguez Alonso, incorporación posterior de Bruno Fernández Lorenzo
Departamento:
Área:

INTRODUCIÓN

A utilización de pesticidas para o control de pragas nas prácticas agrícolas (insecticidas organofosforados, funxicidas carbamatos, herbicidas triazinas, ureas, chloroacetanilidas, pyretroïdes e glifosato, etc…), así como a presenza de contaminantes industriais e antropoxénicos no medioambiente, é un serio problema que repercute na calidade do leite do gando vacún e na introdución destas substancias tóxicas no produto final a través dos diferentes modos de alimentación animal.

A directiva 96/23/CEE establece as medidas de control relativas ás substancias e grupos de residuos en produtos alimenticios e no caso do leite, precisa a inclusión de substancias ou residuos non incluídos ata agora en España. A Directiva 2002/32/EC detalla as substancias non desexadas en produtos destinados á alimentación animal. O Libro Branco sobre a Seguridade Alimentaria –presentado pola Comisión Europea no ano 2000- e o Regulamento 178/2002 –que establece os principios xerais da lexislación alimentaria- incorporan un enfoque novedoso ao propoñer que a seguridade na cadea alimentaria comeza no proceso de produción primaria, e atribúe ao produtor a responsabilidad principal na garantía desta seguridade.

Neste proxecto, proponse avaliar o impacto global da contaminación química orgánica sobre a calidade e a trazabilidade do leite producido en Galiza. Trataranse de desenvolver métodos de extracción e análise multiresiduos para as diversas clases de contaminantes seleccionados, en mostras complexas como son os alimentos do gando (en particular forraxes ensilados procedentes de cultivos anuais e pensos) e no leite.

Aplicaranse os métodos optimizados para determinar os niveis de residuos no panel de mostras procedentes de 15-20 explotacións leiteras das provincias da Coruña e de Lugo. Estas explotacións, elixidas a partir dunha mostra representativa de 400 granxas entrevistadas, serán clasificadas segundo un gradiente de intensificación produtiva previamente definido segundo os resultados dunha enquisa.

OBXECTIVOS:

A aplicabilidade dos resultados deste proxecto consistirá en:

- Asesorar aos propietarios das explotacións leiteras galegas para modificar e/ou mellorar as súas prácticas agrarias en función dos niveis de residuos encontrados.

- Axustar as prácticas agrarias de agricultura intensiva con criterios de desenvolvemento sustentábel.

- Mellorar a calidade e a seguridade do leite de vacún producida en Galiza.

- Contribuír a mellorar a trazabilidade do devandito produto para incrementar a confianza dos consumidores e industrias transformadoras cara o leite producido nas explotacións galegas.

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados