Código do proxecto: PGIDIT05RAG50301PR
Ano de inicio: 2006
Investigador Principal: Juan Fernando Castro Insua
Outros investigadores: Juan Castro Insua, Rosa Novoa Martínez, Dolores, Báez Bernal, Julio López Díaz, Isabel García Pomar
Departamento:
Área:
INTRODUCIÓN
A Directiva Marco relativa á Auga (DMA) 2000/60/CE do Parlamento Europeo e do Consello do 23 de outubro de 2000, pola que se establece un marco comunitario para a protección das augas, para previr ou reducir a súa contaminación, establece o obxectivo claro de que no ano 2015 se debe conseguir un “bo estado ecolóxico” para todas as augas europeas.
A investigación xoga un papel importante na implementación desta directiva sendo necesario traballar con cuncas piloto para a identificación das prácticas agrarias e dos usos do solo que contribúan significativamente a reducir a calidade das augas. Os XISs son unha importante ferramenta de traballo na implementación da DMA
OBXECTIVOS:
- Coñecer a calidade das augas en Cuncas Hidrográficas Galegas (orde 3) con alta intensificación gandeira de vacún.
- Obter un modelo de predición e diagnóstico da calidade da auga en cuncas hidrográficas galegas de alta actividade gandeira, mediante a implementación dun sistema de información xeográfico.
- Coñecer a vulnerabilidade das cuncas hidrográficas e a contaminación por actividades agrarias en diferentes épocas do ano, en función das condicións edafoclimáticas.
- Obter indicadores obxectivos (usos do solo, pendente, distancia a cursos de auga, etc.) que permitan predecir a posible polución das augas por nitratos, fosfatos, pesticidas e contaminación fecal.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX