Código do proxecto: FEADER2007-20
Ano de inicio: 2007
Investigador Principal: Juan Piñeiro Andión
Outros investigadores: Juan Piñeiro Andión, Luis Urquijo Zamora, Nives Díaz Díaz Empresa : CALFENSA PROYECTOS S.L.
Departamento:
Área:
A iniciativa que se propón trata de mellorar e ampliar o proceso de produción do trigo e do pan galegos con base na información conquerida nos proxectos de investigación e desenvolvemento seguintes:1º- Mellora xenética, agronómica e calidade fariño-panadeira do trigo galego (1977-2002)2º- Produción, utilización e conservación do trigo e centeo autóctonos (2003-2006). O máis sobresaínte dos resultados destes proxectos é: a) Rexistro en 2006 da Oficina Española de Variedades Vexetais da Variedade "Callobre" seleccionada a partir de trigo galego. b) Creación da Asociación de Productores de trigo "Callobre" consitutída por 10 membros, con sede en Xinzo de Limia. c) Creacón dun itinerario de Transferencia de Tecnoloxía que vai dende o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (co obtentor con CALFENSA de variedade rexistrada) ata o panadeiro, pasando polos agricultores productores do trigo, asociados en APROCA, o Muiñeiro para o que seempregou a variedade local precursora de "Callobre". d) Seguimento do proceso de produción do trigom en rotación coa pataca, polos membros de APROCA, no que se descubriu o altísimo contido en fósforo dos solos de cultivo na Limia, aconsellándose reducir o seu uso a cero en moitos casos, porque a parte de ser un problema económico para a explotación é un problema medioambiental se non se cambia esta rutina de aporte excesivo de fósforo, habitual na Limia. A iniciativa inclúe os 5 obxectivos seguintes:1) Iniciación da obtendción dunha nova variedade de trigo galego.2) Búsqueda de novas zonas de producción.3) Mellora do itinerario de transferencia tecnolóxica4) Mellora do proceso productivo do trigo para que sexa económicamente máis eficiente e máis respetuoso co medioambiente e 5) Mellora do proceso de produción do pan galego. A indicación Xeográfica Protexida (IXP) "Pan Galego"
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX