• Estudáronse as necesidades de encalantes e nutrintes das terras de matogueira en distintos tipos de solo e clima para a súa conversión en pastos
• Nesta fase tamén se estudaron as distintas técnicas de transformación (sin laboreo, mínimo laboreo e laboreo convencional)
• Os traballos desta primeira fase foron parte do Programa de Investigación Agraria en Pastos e Produción Animal para a zona húmida española do convenio INIA (Instituto Nacional de Investigaciones Agrarias ) / BIRF (Banco Mundial) que lle correspondou desenvolver ao “Centro Regional de Investigación y Desarrollo Agrario del Norte y Noroeste (CRIDA 01)”
. • Despois da súa transferencia en 1983 á Comunidade Autónoma de Galicia, este centro pasou a chamarse Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), nome que se mantén na actualidade
• Segundo este Programa o desenvolvemento da gandeiría de vacún de leite e carne dependía, grandemente, da millora e ampliación da base forraxeira das explotacións.
• Por iso, un dos obxectivos fixados foi o establecemento de pastos en terras de matogueira, e así detectouse que a fertilidade dos solos de monte era un factor limitante o que permitiu evaluar as necesidades de fósforo e potasio no establecemento e mantemento do pasto así como os aportes de cal para neutralizar a toxicidade do aluminio.
• En 1978 iniciouse, en Marco da Curra, coa posta en marcha da Estación de Investigación, a transformación das matogueiras en pastos para desenvolver os sistemas de produción de carne de vacún e ovino.
• Esta estación, cunha superficie de 180 ha, aséntase sobre solos dunha extensa variabilidade de usos como consecuencia das variacións de pendentes, pedregosidade e profundidade de solo.
• Por isto foi preciso por en marcha as distintas técnicas de transformación, integrando o pastoreo nas parcelas máis pendentes e a sega nas máis chás.
• Tª media anual de 10,8ºC (4,5-17,9) e unha precipitación media de 1.421mm, ocasionan dúas paradas vexetativas: decembro-abril e mediados xullo a mediados de setembro.
• O aproveitamento gandeiro da vexetación espontánea (que se fixo con cabras e ovellas) estaba moi limitado pola presenza do mato e pola baixa produción e calidade das especies herbáceas (Pseudoarrhenaterum longifolium, Avenula sulcata e Agrostis curtisii), a pesares de que nas zonas mellores do monte había unha maior presenza de agrostis e herba branca.
• Por isto a súa mellora era un proceso lento, que só permitía un aproveitamento moi extensivo, polo que se optou por métodos de mellora que incluían a sementeira e o abonado.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX