Data: //
A herba dos prados e pradeiras mailo millo son os cultivos forraxeiros casi exclusivos das explotacións de leite de Galicia. Estes entran a formar parte da ración das vacas maioritariamente en forma conservada mediante ensilado. A calidade hixiénica das forraxes, en concreto o seu contido en microorganismos como Enterobacterias, Salmonella, Listeria, Staphylococos, Clostridios, Mofos e levaduras, pode poñer en perigo a saúde dos animais, a calidade hixiénica do leite producido e, en consecuencia, a rentabilidade económica das explotacións. Por outra banda, a calidade hixiénica das forraxes ensiladas pode estar determinada pola composición química propia das forraxes e as técnicas de produción. Os obxectivos deste traballos de tese son:Obter informacións sobre o estado da calidade hixiénica dos ensilados de herba e millo, os concentrados e o leite cru nas explotacións galegas de vacún de leite eIdentificar qué factores relativos á composición química dos ensilado e ás técnicas de produción están asociados coas distintas variables de calidade hixiénica.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX