fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Xornada Técnica: MELLOREMOS A SOSTIBILIDADE DAS EXPLOTACIÓNS CON BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN DO XURRO

Data: 25/11/2022

ORGANIZA: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-AGACAL)

DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

DESCARGAR DÍPTICO DA XORNADA

LUGAR DE REALIZACIÓN: 
 
PRESENCIAL: Salón de actos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. Estrada Betanzos-Mesón do Vento Km 7, Abegondo (15318 A Coruña).
TELEPRESENCIAL: Conexión a través da aplicación WEBEX. O día previo enviarase un correo electrónico co enlace para seguir os relatorios. 
 
OBXECTIVOS
 
- A adaptación das prácticas de xestión do xurro às novas normativas.
- Dar a coñecer aquelas prácticas na aplicación de xurros que incrementan a eficiencia na utilización dos nutrientes, diminúen o impacto ambiental e melloran a saúde/fertilidade dos solos.
- Incrementar a competitividade das explotacións a través do reciclado do xurro e a redución nas entradas dos fertilizantes minerais.
 
PROGRAMA
 
10:00h-10:15h Presentación da Xornada. José Luis Cabarcos Corral-Director do AGACAL. Abelardo Nimo Silva-Director do CIAM.
 
10:15h-10:45h Proxecto de Real Decreto de xestión sostible nos solos agrarios.  Cálculo das necesidades de nutrientes dos cultivos forraxeiros coas ferramentas RAX. Mª Isabel García Pomar -Investigadora do CIAM-AGACAL.
 
10:45h-11:15h Xestión ambiental da fertilización orgánica. Jesús Martínez Martínez - Técnico do Servizo de Avaliación Ambiental.
 
11:15h-12:00h Xestión de xurros no Norte de Portugal. Problemática medioambiental. Henrique Trindade - Professor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro.
 
12:00h-12:30h Descanso. Café
 
12:30h-13:15h Posibilidades de redución da pegada de carbono en explotacións de leite reciclando o xurro xerado nas explotacións. Simulacións de cultivos e rotacións co modelo DairyCant. Gregorio Salcedo Díaz -Profesor do CIFP La Granja. Cantabria.
 
13:15h-13:45h Fertilización de cultivos forraxeiros con xurros. Resultados da investigación no CIAM. Dolores Báez Bernal - Investigadora do CIAM-AGACAL.
 
13:45h-15:00h Mesa Redonda “A xestión dos xurros na nova Política Agraria Comunitaria” Moderador:  Juan Castro Insua – Investigador do CIAM-AGACAL
Intervenientes:  Fernando Cardoso - Secretario-Geral de FENALAC (Oporto); Henrique Trindade- Professor da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; Jesús Martínez Martínez - Técnico do Servizo de Avaliación Ambiental; Técnico da Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
 
DESTINATARIOS
 
A xornada está dirixida principalmente a gandeiros de vacún ou persoas con expectativas de incorporación, interesados en coñecer as prácticas na aplicación de xurros que incrementan a eficiencia na utilización dos nutrientes, diminúen o impacto ambiental e melloran a saúde/fertilidade dos solos.
 
INSCRICIÓNS
 
As solicitudes de inscrición pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberanse remitir por correo electrónico a ciam.cmr@xunta.gal. Indicar na parte superior da solicitude se a asistencia á xornada será “Presencial” ou “Telepresencial”.
Admitiranse solicitudes ata as 12:00 h do día 24 de novembro. 
DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
 
Xornada realizada no marco do Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2022, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de galicia 2014-2020.
 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS
foto
26/11/2022
Diversidade Específica do solo ligada ás prácticas tradicionais agrogandeiras no ZEC Ancares-Courel
foto
25/11/2022
Xornada Técnica: MELLOREMOS A SOSTIBILIDADE DAS EXPLOTACIÓNS CON BOAS PRÁCTICAS NA XESTIÓN DO XURRO
foto
23/11/2022
Xornada técnica: Avaliación da saúde do sólo con bioindicadores na finca do CIAM

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados