fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Xornadas técnicas relacionadas cos programas sanitarios desenvolvidos polas ADSG de gando vacún de Galicia

Data: 08/11/2022

Galicia ten en torno ó 40% do censo de vacún de leite de España e o 14% do de vacún de carne. Estes datos amosan a importancia deste sector produtivo na nosa rexión

Sen embargo, non debemos esquecer que dous piares fundamentais dentro da produción animal son a sanidade e o benestar animal. Para garantir estes, existen unha serie de programas sanitarios, tanto nacionais como autonómicos. En Galicia, estes programas autonómicos, no que o gando vacún se refire, están desenvolvidos por asociacións de defensa sanitaria (ADSG). Hai 53 asociacións de  gando vacún que engloban o 27% das granxas da nosa Comunidade Autónoma. Estas granxas albergan preto do 57% do censo de gando vacún que hai en Galicia. 
 
As actuacións sanitarias desenvolvidas polas ADSG está supeditada o cumprimento dos programas que están reflectidos nas sucesivas Ordes que establecen as bases reguladoras da concesión de axudas a estas asociacións. Os programas que levan a cabo están dirixidos a mellorar o estado sanitario das granxas que as integran e tamén constitúen unha peza fundamental na rede de epidemiovixilancia da Comunidade Autónoma. Nestas ordes están descritos os programas de control e vixilancia de varias enfermidades específicas como son a diarrea vírica bovina (BVD), a paratuberculose, a neosporose e a rinotraqueíte infecciosa bovina (IBR).
 
Todos estes programas implican diversos ámbitos que comprenden, entre outros, aspectos relacionados coas axudas ao seu desenvolvemento, os beneficios de desenvolvelos, a súa implantación, o diagnóstico laboratorial ou os relacionados coa investigación. Aportar información aos gandeiros acerca de todos estes aspectos é a razón da realización destas xornadas que terán lugar en Arzúa, Curtis e Vimianzo. A temática concreta e a data na que terán lugar detállanse a continuación:
 
VIMIANZO: Programas sanitarios nas ADSG de Galicia, con especial referencia ao programa nacional e autonómico de control e vixilancia da IBR (I). 8 de novembro de 2022
 
DESCARGAR PROGRAMA
DESCARGAR FOLLA DE INSCRICIÓN 
 
CURTIS: Programas  de control da BVD nas ADSG de Galicia. 10 de novembro de 2022
 
DESCARGAR PROGRAMA
DESCARGAR FOLLA DE INSCRICIÓN
 
 
ARZÚA: Programas sanitarios nas ADSG de Galicia, con especial referencia ao programa nacional e autonómico de control e vixilancia da IBR (II). 16 de novembro de 2022
 
DESCARGAR PROGRAMA
DESCARGAR FOLLA DE INSCRICIÓN
 
As xornadas constan de cinco relatorios impartidos por persoal da Consellería do Medio Rural e os veterinarios e veterinarias responsables das ADSG participantes. Na mesa redonda o obxectivo é o de dialogar sobre os programas en xeral favorecendo que todas as partes coñezan a problemática do seu desenvolvemento.
Estas xornadas celébranse ao abeiro do Plan de Transferencia para apoio ás actividades de demostración e de información ao Agro Galego que se convocan para o ano 2022, e lévanse a cabo pola colaboración entre a AGACAL-CIAM, a Subdirección Xeral de Gandaría e as ADSG Costa da Morte, Curtis, Gando vacún de Frades, Gando vacún de Mesía, Gando vacún Terras do Queixo, Gando vacún de Boimorto e Gando vacún de Touro.
 
A inscrición unha vez cumprimentada debe enviarse á seguinte dirección electrónica: ciam.cmr@xunta.gal
Coordinadora da xornada: Carmen Calvo Santalla, tfno: 881 881 814
correo electrónico: carmen.calvo.santalla@xunta.gal
 

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados