fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
Nº 1: Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

Data: 12/01/2021

portada

DESCARGAR REVISTA PDF 

Benvido/a ao primeiro número da revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). É con ilusión que presentamos este traballo, que ten como obxectivo relatar dun xeito ameno a investigación que se vén realizando neste centro de referencia da agricultura e gandería de Galicia.

  
A revista vai dirixida a traballadores do sector agrogandeiro con pouco tempo para buscar ou achegarse a publicacións técnicas; a estudantes deste mesmo sector; a investigadores e persoal dos diferentes centros que conforman a Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e, en realidade, a calquera persoa con curiosidade por coñecer unha mostra do que se está a investigar a día de hoxe sobre o agro galego.
 
A que aspiramos? A comunicar, a poñer ao día, a achegarvos o resultado do noso traballo, a contar unha nova forma de facer algo, a crear a necesidade de profundar nun tema, a inspirar e, en definitiva, a contribuír a que o noso agro avance.
 
Con este fin, os membros do equipo de redacción - veterinarias/os, agrónomas/os e biólogas/os de formación - seleccionamos publicacións daqueles traballos de investigación realizados no centro que nos parecen de interese práctico para o sector. Logo de ser estudados, estes traballos vólvense escribir dun xeito compacto e de fácil lectura, pero coidando de presentar a información de forma rigorosa e exacta. Para o logro deste último obxectivo, temos a fortuna de contar coa colaboración dos propios investigadores, que revisan os resumos que nós escribimos sobre os seus respectivos proxectos, e así garantimos o rigor científico dos contidos da revista.
 
Pero este é só o primeiro número de moitos. Dende esta redacción apreciamos os vosos comentarios e suxestións que poidan axudarnos a mellorar ou a decidir contidos, e que podedes dirixir ao correo electrónico do persoal coordinador.
 
 
O noso compromiso, e a nosa satisfacción, é que esta lectura vos resulte de utilidade.
 
O equipo de redacción
 

NOVIDADES DO CIAM

foto
08/09/2021
Xornada Técnica: Avaliación de variedades comerciais de millo forraxeiro
foto
27/08/2021
Listas de contratación temporal de persoal investigador na Agacal-Listado provisional admitidos e excluídos
foto
09/07/2021
Nº: 2 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
22/04/2021
GANDEIROS 20-30: Impulsando as competencias empresariais en explotacións gandeiras
foto
12/01/2021
Nº 1: Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
19/12/2020
Desde o CIAM desexámosvos Felices Festas e Feliz Aninovo!!

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados