Relatorios sobre os resultados dos ensaios do grupo de fertilización e medio ambiente do CIAM-Agacal
Data: 25/11/2020
Organiza: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM-Agacal)
Lugar de realización: Telepresencial mediante a aplicación WEBEX. O día previo enviarase un correo electrónico co enlace para seguir os relatorios
INSCRICIÓNS
Os interesados en seguir os relatorios deberán remitir un correo electrónico a grupofer@ciam.gal solicitando a asistencia.
Admitiranse solicitudes ata as 12:00 h do día 24 de novembro.
PROGRAMA
10:00- 10:20 h. Millo forraxeiro en rotación con varios cultivos de inverno e abonado con diferentes fertilizantes.
Dolores Báez Bernal. Investigadora do CIAM-Agacal.
10:20-11:30 h. Uso de drons e parámetros de solo e planta para predecir produción e calidade do millo forraxeiro.
Manuel López Luaces. CIAM-Agacal.
Federico Cheda Tuya. 3edata.
José Antonio Gay Fernández. Monet.
Mª Isabel García Pomar. CIAM-Agacal.
Relatorios dos resultados das accións de transferencia con nº de protocolo 2019/160, 2020/107 e 2020/115 realizadas no marco do Plan de transferencia para o apoio a actividades de demostración e de información ao agro galego 2019 e 2020, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do PDR de galicia 2014-2020.