fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Cursos impartidos
V Edición Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética

Data: 27/11/2020

DESCARGA DÍPTICO INFORMATIVO

DESCARGA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

OBXECTIVOS

1. Localización da información xenética de interese para unha explotación de produción de leite (catálogos, páxinas web, análises xenéticas e xenómicas, etc.) e a posterior selección da información de interese para cada explotación en función dos obxectivos produtivos.
 
2. Interpretar axeitadamente toda a información que proporcionan os catálogos de valoración de sementais e páxinas web, así como a información obtida da implementación recente das probas xenómicas, especialmente para garantir a adecuada reposición nunha explotación.
 
3. Aplicación práctica da información:
- buscar os apareamentos idóneos para conseguir a mellora dos caracteres de interese
(leite, graxa, proteína, lonxevidade, corrección de problemas podais ... )
- seleccionar os animais idóneos para garantir a mellor reposición posible en cada gandería
- aparear estes animais destinados á obtención de reposición cos sementais adecuados
- promover o uso do material xenético galego como material de calidade contrastada
- promover o apareamento con sementais carniceiros para a obtención de becerros de cruzamentos industriais.
 
4. Incrementar a rendibilidade dunha explotación co manexo adecuado das ferramentas que brinda a mellora xenética.
 
DESTINATARIOS 
- Agricultores e gandeiros que actualmente traballen nas explotacións gandeiras ou que potencialmente poidan chegar a traballar nelas
- Mozos/as agricultores/as
- Mulleres e homes agricultoras/es
- Persoas que se incorporen ao sector primario de calquera idade
- Persoal técnico e asesor de explotacións gandeiras.
 
PROGRAMA
10:00 - Presentación e proposta de obxectivos 
10:15 - lntrodución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos e as bases de referencia 
11 :00 - Conceptos críticos: fiabilidade das probas, herdabilidade dos caracteres e consanguinidade dos apareamentos 
11 :45 - Pausa-café 
12:15 - A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para a inseminación artificial. Obxectivos da selección 
13:00 - Interpretación dos catálogos. Probas internacionais 
14:00 - Xantar (por conta dos asistentes) 
16:00 - Probas xenómicas fronte á selección convencional 
17:00 - Os apareamentos. Programas informáticos de axuda 
18:00 - Pausa-café 
18:30 - Fontes de información 
19:30 - Conclusións 
 
PROFESORADO 
- AFRICOR Lugo: Ramiro Fouz Dopacio (Director Xerente)
- XENÉTICA FONTAO: Alejandro Fernández Fernández (Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética)
- CIAM: Manuel López Luaces (Director)
 
ORGANIZA 
CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (CIAM-AGACAL).
 
SOLICITUDES 
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia 
As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico: ciam.cmr@xunta.gal. ou por fax (881 881 800) 
20 prazas. Por rigorosa orde de inscrición 
Admitiranse solicitudes ata as 15:00 horas do día 26 de novembro. 
 
“Plan  de transferencia tecnolóxica 2020 para o apoio ás actividades de demostración e información cofinaciada ao 75% con fondos FEADER”

NOVIDADES DO CIAM

foto
08/09/2021
Xornada Técnica: Avaliación de variedades comerciais de millo forraxeiro
foto
27/08/2021
Listas de contratación temporal de persoal investigador na Agacal-Listado provisional admitidos e excluídos
foto
09/07/2021
Nº: 2 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
22/04/2021
GANDEIROS 20-30: Impulsando as competencias empresariais en explotacións gandeiras
foto
12/01/2021
Nº 1: Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
19/12/2020
Desde o CIAM desexámosvos Felices Festas e Feliz Aninovo!!

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados