Data: 11/10/2019
LUGAR.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO SEMINARIO PRÁCTICO
DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
OBXECTIVOS
1. Localización da información xenética de interese para una explotación de producción de leite (catálogos, páxinas web, análisis xenéticos e xenómicos, etc) e a posterior selección da información de interese para cada explotación en función dos obxectivos produtivos.
2. Interpretar axeitadamente toda a información que proporcionan os catálogos de valoración de sementais e páxinas web, así como a información obtida da implementación recente das probas xenómicas, especialmente para garantir a adecuada reposición nunha explotación
3. Aplicación práctica da información: - buscar os apareamentos idóneos para conseguir a mellora dos caracteres de interese (leite, graxa, proteína, lonxevidade, corrección de problemas podais....); - seleccionar os animais idóneos para garantir a mellor reposición posible en cada gandeiría; - aparear estes animais destinados á obtención de reposición cós sementais adecuados; - promover o uso do material xenético galego como material de calidade contrastada; - promover o apareamento con sementais carniceiros para a obtención de becerros de cruces industriais.
4. Obxectivo final: incrementar a rendibilidade dunha explotación co manexo adecuado das ferramentas que brinda a mellora xenética.
DESTINATARIOS:
Todos os agricultores e gandeiros do agro rural que actualmente traballen en explotacións de leite ou que potencialmente poidan chegar a traballar en explotacións gandeiras de leite, especialmente:
- Mozos/as agricultores/as
- Mulleres e homes agricultoras/es
- Persoas que se incorporen ao sector primario de calquera idade.
- Agricultores/as activos/as.
- Persoas con situación acreditada de estar en risco de pobreza e/ou exclusión social.
Tamén poderán participar técnicos e asesores de explotacións leiteiras
ORGANIZA.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (AGACAL-CIAM)
COLABORA: Xenética Fontao S.A. e Africor Lugo.
PROGRAMA:
10:00 - Presentación e proposta de obxectivos.
10:15 - Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos e as bases de referencia.
11:00 - Conceptos críticos: fiabilidade das probas, herdabilidade dos caracteres e consanguinidade dos apareamentos.
12:00 - A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para a inseminación artificial. Obxectivos da selección.
13:00 - Interpretación dos catálogos. Probas internacionais.
14:00 - Xantar (por conta dos asistentes).
16:00 - Probas xenómicas fronte á selección convencional.
17:00 - Os apareamentos. Parte 1.
18:00 - Pausa.
18:30 - Os apareamentos. Parte 2.
19:30 - Mesa redonda e resolución de dúbidas. Conclusións da xornada.
PROFESORADO:
- XENÉTICA FONTAO: Alejandro Fernández Fernández (Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética)
- CIAM: Manuel López Luaces (Director).
SOLICITUDES:
A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia.
As solicitudes pódense descargar da páxina web www. ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico ao enderezo ciam.cmr@xunta.gal ou por fax 881 881 800
Prazas limitadas. Por rigorosa orde de inscrición.
Admitiranse solicitudes ata as 15:00 horas do día 10 de outubro.
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX