fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
O cambio climático adianta os ciclos da colleita

Data: 03/04/2019

Reportaxe da TVG: http://www.crtvg.es/informativos/o-cambio-climatico-adianta-os-ciclos-da-colleita-4077734

No banco de sementes do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo manteñen mostras de todas as especies de interese agrícola do noroeste peninsular. Amais de conservalas, aquí estudan con detalle os seus ciclos produtivos e constatan como van mudando. Este ano todo floreceu axiña. A herba de ensilar, por exemplo, espigou dúas semanas antes do habitual.
pataluenga

 

 Julio López Díaz, biólogo do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo: "Estamos falando de 15 días ao ano que parece que non é moito, pero para unha explotación agrícola que ten que facer ensilado e distribuír os traballos no tempo é bastante".
 
Din que non é un cambio puntual desta primavera, senón unha manifestación máis do quentamento atmosférico, algo que evidencian os datos que rexistran desde hai 40 anos na propia estación meteorolóxica de Mabegondo. 
 
"Desde o ano 1979 que temos rexistro meteorolóxico ata hoxe en día a temperatura media incrementouse un grao; de 12,8º a 13,8º. É unha burrada!".
 
Este quentamento que acelera o crecemento de moitas especies tamén as fai máis vulnerables porque as somete a ciclos de seca e precipitacións cada vez máis intensos e impredicibles. 
 
Na gráfica vese que a partir do ano 2000 hai unha distribución totalmente errática. Fronte a estas condicións ambientais cada vez máis extremas, as investigacións que realizan aquí proban que as variedades autóctonas responden mellor que as alternativas comerciais. Iso fai que o tesouro que custodian nesta 'arca de Noé' das sementes de Mabegondo sexa cada vez máis valioso. 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados