Data: 22/10/2018
LUGAR.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO SEMINARIO PRÁCTICO
20 PRAZAS. Por rigurosa orde de inscrición
DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
INTRODUCCIÓN O sector agrario galego é un dos principais motores económicos da nosa Comunidade Autónoma. A actual situación pola que atravesan as explotacións de gando vacún de leite fai obrigado o compromiso de proporcionar instrumentos que permitan incrementar a rendibilidade destas explotacións cunha diminución dos custos de produción e un incremento dos beneficios obtidos nas súas gandeirías. A mellora xenética pode ser un instrumento que ben utilizado contribúa decisivamente a estes fins.
Así, mediante a mellora xenética pode incrementarse a cantidade e a calidade do leite producido, aumentar a lonxevidade dos animais e a súa resistencia ás enfermedades, incrementar a eficiencia na conversión dos alimentos, etc. e incorporar a xenómica como ferramenta que permite predecir con gran fiabilidade as características xenéticas dun animal na súa futura etapa produtiva.
OBXECTIVOS
1. Localización da información xenética de interese para una explotación de producción de leite (catálogos, páxinas web, análisis xenéticos e xenómicos, etc) e a posterior selección da información de interese para cada explotación en función dos obxectivos produtivos.
2. Interpretar axeitadamente toda a información que proporcionan os catálogos de valoración de sementais e páxinas web, así como a información obtida da implementación recente das probas xenómicas, especialmente para garantir a adecuada reposición nunha explotación
3. Aplicación práctica da información: - buscar os apareamentos idóneos para conseguir a mellora dos caracteres de interese (leite, graxa, proteína, lonxevidade, corrección de problemas podais....); - seleccionar os animais idóneos para garantir a mellor reposición posible en cada gandeiría; - aparear estes animais destinados á obtención de reposición cós sementais adecuados; - promover o uso do material xenético galego como material de calidade contrastada; - promover o apareamento con sementais carniceiros para a obtención de becerros de cruces industriais.
4. Obxectivo final: incrementar a rendibilidade dunha explotación co manexo adecuado das ferramentas que brinda a mellora xenética.
DESTINATARIOS: Agricultores e gandeiros do agro rural que actualmente traballen en explotacións de leite ou que potencialmente poidan chegar a traballar en explotacións gandeiras de leite, especialmente: - Mozos/as agricultores/as - Mulleres e homes agricultoras/es - Persoas que se incorporen ao sector primario de calquera idade - Agricultores/as activos/as
ORGANIZA.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (INGACAL-CIAM) Horario de 10:00 a 20:00 horas.
10:00 - Presentación e proposta de obxectivos
10:15 - Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos, bases de referencia.
11:00 – Conceptos críticos: Fiabilidade das probas, heredabilidade dos caracteres, consanguinidade dos apareamentos
11:45 - Pausa café
12:15 – A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para inseminación artificial. Obxecivos de selección
13:00 – Interpretación de catálogos. Probas internacionais
14:00 - Comida (Por conta dos asistentes).
16:00 – Probas xenómicas frente á selección convencional
17:00 – Os apareamentos. Programas informáticos de axuda
18:00 – Pausa café
18:30 – Fontes de información.
19:30 - Conclusións
Profesorado: - AFRICOR Lugo: Ramiro Fouz Dopacio (Director Xerente) - XENETICA FONTAO: Alejandro Fernández Fernández (Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética) - CIAM: Manuel López Luaces (Director)
SOLICITUDES: A actividade é de balde e da dereito a un certificado de asistencia. As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico: ciam.cmr@xunta.gal ou por fax (881 881 800).
PROXECTOS
ACTIVIDADES
APLICACIÓNS RAX