fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Instalaciones CIAM
Campo de demostración: O uso da transferencia embrionaria e a fecundación in vitro no gando vacún como técnicas reprodutivas para o incremento da rendibilidade dunha explotación gandeira

Data: 16/11/2017

transferenciaembrionaria

DESCARGA DE DÍPTICO

DESCARGA SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

OBXECTIVOS:

Con esta acción de demostración preténdese achergar a todas as explotacións de gando vacún galegas as técnicas reprodutivas que están á súa disposición.

Mediante o uso destas técnicas reprodutivas pódese aproveitar o potencial dos mellores animais de cada explotación, ou de ser necesario, introducir novas liñas familiares que melloren a cabana das nosas explotacións gandeiras. Para elo as técnicas de superovulación, punción e aspiración de ovocitos para a súa fecundación in vitro con seme de sementais escollidos para os cruzamentos desexados, permiten aumentar exponencialmente o número de descendentes que se poden obter das mellores vacas dunha explotación, implantando eses embrións en vacas receptoras de menor mérito.

As técnicas de TE (Transferencia Embrionaria) e OPU-FIV (Ovum pick up-Fecundación in vitro) permiten a diminución dos tempos na obtención de animais de alto mérito xenético nunha explotación, e por tanto o incremento de rendementos, ou a obtención de rendementos más idóneos para dar resposta á demanda do mercado con productos de calidade diferenciada. Estas metodoloxías reprodutivas unidas ás ferramentas que brinda a mellora xenética permiten ser máis competitivos e vender produtos ou animais de maior valor económico.

Esta acividade de demostración permitirá aos gandeiros e técnicos comprobar de primeira man en qué consisten estas técnicas e cómo se realizan de forma práctica nunha gandeiría de vacún de leite ou de vacún de carne.

 Obxetivo final: incrementar a rendibilidade dunha explotación co manexo adecuado das ferramentas que brindan as técnicas reprodutivas e a mellora xenética.

 

DESTINATARIOS:

Gandeiros, agricultores e técnicos do agro que actualmente traballan nas explotación de gando vacún de leite e/ou carne, ou que potencialmente poidan chegar a traballar nas expltoacións gandeiras de leite, especialmente:

- Mozos/as agricultores/as

- Mulleres e homes agricultores/as

- Persoas que se incorporen ao sector primario de calquera idade.

- Agricultores/as activos/as.

 

ORGANIZA

CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (CIAM-INGACAL)

 

COLABORA

XENETICA FONTAO, S.A.

 

PROGRAMA

10:00 - Presentación e proposta de obxectivos.

10:15 - Bases teóricas da MOET (Multiovulación e Transferencia de Embrións) e OPU-FIV (Ovum pick up - Fecundación in vitro).

11:30 - Pausa - café

12:00 - Realización da técnica de Transferencia Embrionaria en femias receptoras de gando vacún por técnicos especialistas.

13:00 - Realización da técnica de Ovopunción e aspiración de ovocitos en femias doantes de gando vacún por técnicos especialistas.

 

 PROFESORADO E TÉCNICOS

Rubén Francisco Vázquez. Veterinario Técnico de Fecundación in vitro no Centro de Selección e Reproducción Animal  XENÉTICA FONTAO, S.A.

Cándido Rodríguez Fernández. Técnico especialista en transferencia ebrionaria

Manuel López Luaces. CIAM-Coordinador da actividade

 

SOLICITUDES

A actividade é de balde e dá dereito a un certificado de asistencia.

As solicitudes pódense descargar da páxina web www. ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico ao enderezo ciam.cmr@xunta.gal ou por fax 881 881 800

Admitiranse solicitudes ata as 15:00 horas do días 15 de novembro.

Prazas limitadas. Por rigorosa orde de inscrición

NOVIDADES DO CIAM

foto
24/11/2017
Sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite
foto
17/11/2017
PROCESO SELECTIVO NO INGACAL para la contratación de un/ha técnico I no CIAM, mediante la modalidade contractual por obra o servicio de duración determinada no marco do proxecto GALAC.
foto
16/11/2017
Campo de demostración: O uso da transferencia embrionaria e a fecundación in vitro no gando vacún como técnicas reprodutivas para o incremento da rendibilidade dunha explotación gandeira
foto
18/10/2017
Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética
foto
10/10/2017
Convocatoria de Axudas 2017: Contratos predoutorais para a formación de doutores no INGACAL.
foto
12/09/2017
XORNADA TÉCNICA: A eficiencia na utilización do nitróxeno polas forraxes

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados