fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
O CIAM participará no proxecto "Dairy for future"

Data: 19/05/2017

 O comité de seguimento de Proxectos Interreg da convocatoria Interrreg da Rexión Atlántica ven de aprobar o proxecto “Dairy for future” no que participa o INGACAL-CIAM.

O Instituto Galego de Calidade Alimentaria (INGACAL) participará neste proxecto, de catro anos de duración, xunto con prestixiosos centros de investigación, entidades de aconsellamento e universidades doutras nove rexións do Arco Atlántico que abranguen dende Escocia ate as illas Azores.

As rexións do Arco Atlántico Europeo producen mais dun 20% do leite da Unión Europea e é por elo que se pretende dotar aos diferentes actores do sector: produtores, industria, distribución e consumidores, de ferramentas de análise de fácil comprensión e execución que correlacionen eficiencia produtiva e económica coa preservación do medio ambiente. Chegar a establecer un etiquetado que tanto en granxas como en produtos identifique aquelas prácticas mais eficientes será o obxectivo final deste proxecto.

O proxecto contará cunha rede de 100 granxas piloto, das que 10 estarán en Galicia, distribuídas polas 10 rexións que participan no proxecto.

Entidades participantes no proxecto: Institut de l´elevage (Bretaña); INRA (Francia); Teagasc (República de Irlanda); College of Agriculture, Food and Rural Enterprise (Irlanda do Norte); AFBI Hillsborough (Irlanda do Norte); Scotland’s Rural College (Escocia); Agriculture and Horticulture Development Board (Reino Unido); NEIKER (País Vasco); UTAD, Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro (Norte de Portugal); Instituto Superior de Agronomia - Universidade de Lisboa (Lisboa, Val do Teixo e Rexión de Azores); INGACAL-CIAM (Galicia).

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados