fondo
Logo Conseller�a
Logo Agacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Xornada sobre xirasol, sorgo e millo para forraxe de verán e trevos anuais para forraxe de inverno

Data: 10/05/2017

cartelos

Dentro do conxunto de accións de desenvolvemento e transferencia da Consellería do Medio Rural, véñense realizando nos últimos anos na área agroclimática continental do sur da provincia de Lugo colaboracións entre o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) e a Fundación José Luís Taboada (Carballedo, Lugo), declarada de interese ambiental. Fruto desta colaboración se desenvolven diversas actividades de demostración nos terreos desta institución, arrendadas á explotación leiteira Carteiro de Trasar SC, asociada na Cooperativa ICOS.

No marco deste programa de transferencia, o pasado mércores 10 de maio os investigadores do CIAM Gonzalo Flores e César Resch, xunto con Juan Piñeiro, anterior xefe do departamento de Pastos e Cultivos deste centro e patrono da Fundación, se reuniron con estudantes da EPS de Lugo e do Centro de Promoción Rural EFA-Fonteboa, así como técnicos de cooperativas e outros axentes do sector nunha xornada teórico-práctica de exposición de resultados e visitas aos campos de demostración sitos nas terras agrarias do Pazo de Cartelos, onde se desenvolveron os cultivos.

 A alta produtividade, o elevado valor enerxético e a facilidade para ensilar correctamente son as razóns que explican a importancia do cultivo de millo forraxeiro nas explotacións leiteiras de Galicia, sendo utilizado as máis das veces en rotacións intensivas de dous cultivos por ano con raigrás italiano como cultivo de inverno. Este sistema forraxeiro é de elevada produtividade de materia seca por hectárea e de alto valor enerxético, pero ten un baixo contido proteico. Por outra banda, non está exento de riscos e dificultades derivadas do cultivo en solos inadecuados para o millo pola súa excesiva pendente e/ou a pouca profundidade e sobre todo por razóns climáticas nas que a realización de sementeiras tardías e a incidencia da seca estival limita a produtividade do millo forraxeiro, especialmente nas zonas de interior e con terreos con escasa capacidade de retención de auga.

Por esta razón, os investigadores do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo teñen interese en demostrar as posibilidades de mellora do rendemento e valor nutricional das rotacións con millo mediante a introdución de leguminosas anuais como cultivo de inverno, así como de divulgar as características produtivas e nutricionais de distintas variedades de cultivos de verán como sorgo e xirasol, dos que existe pouca información, e comparar o seu comportamento co do cultivo do millo, en situacións con distinta dispoñibilidade de auga.

 A xornada desenvolveuse coa exposición dos resultados e experiencias destes campos de demostración, culminando con visitas guiadas ás parcelas de demostración, á fábrica de pensos Aira (Taboada) e ao Pazo de Cartelos.

PROGRAMA DA XORNADA

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2023
Nº: 7 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
25/10/2023
Taller: UTILIZACIÓN DAS APLICACIÓNS “RAX” DE RECOMENDACIÓN DE ABONADO CON XURROS (PROXECTO AC2021C-07)
foto
01/06/2023
Nº: 6 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
01/03/2023
Nº: 5 Revista de divulgación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo
foto
29/11/2022
Xornada Técnica: A FERTILIZACIÓN DAS PRADEIRAS
foto
28/11/2022
Xornada Técnica: INDICADORES BIOLÓXICOS E HIDROMORFOLÓXICOS DE BOAS PRÁCTICAS AGRARIAS

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2019 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados