fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Xornadas
Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética

Data: 19/10/2016

INCREMENTO DA RENDIBILIDADE DAS EXPLOTACIÓNS LEITEIRAS MEDIANTE A MELLORA XENÉTICA

DATA.- 19 de outubro de 2016

LUGAR.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO SEMINARIO PRÁCTICO

20 PRAZAS. Por rigurosa orde de inscrición

DESCARGA DE DÍPTICO

DESCARGAR SOLICITUDE DE INSCRICIÓN

INTRODUCCIÓN O sector agrario galego é un dos principais motores económicos da nosa Comunidade Autónoma. A actual situación pola que atravesan as explotacións de gando vacún de leite fai obrigado o compromiso de proporcionar instrumentos que permitan incrementar a rendibilidade destas explotacións cunha diminución dos custos de produción e un incremento dos beneficios obtidos nas súas gandeirías. A mellora xenética é un instrumento infrautilizado que debe promoverse por varios motivos:

- Pode incrementearse a mellora da calidade do leite, incrementando non só a cantidade de kilogramos de leite producidos, senon tamén o seu contido en graxa e proteína, así como determinados compoñentes como as caseinas que permitirían obter un leite máis apropiado para queixos, iogures ou requeixón, produtos alternativos ao envasado do leite que poderían promoverse como PLT (Producos Lácteos Tradicionais).

- Permite o incremento da lonxevidade dos animais dunha explotación (con diferencia éste é o maior custe dunha explotación) - Consíguese un incremento da resistencia xenética dos animais as enfermidades: mamites, problemas podolóxicos, enfermidades sistémicas.... o que permite reducir os custos en tratamentos preventivos e paliativos. - Tamén o incremento da eficiencia na conversión dos alimentos.

- Coa incorporación da xenómica pode adiantarse a mellora dunha explotación porque é posible predecir con gran fiabilidade as características xenéticas dun animal na súa futura etapa produtiva, o que permite eliminar moito antes animais que non cumplen cós requisitos de produción ou de calidade da produción que podemos necesitar en cada explotación. Ademáis, é necesario promover a interpretación axeitada da información que se lle suministra ao gandeiro porque pode facerse unha mellor selección dos animais dos que se debe obter a recría. Ademáis deberase utilizar a información dispoñible para que do resto dos animais adultos (animais de desvelle, menos produtivos ou que teñen algunha situación sanitaria que os fan non apropiados para recriar a súa descendencia) se poidan valorizar os seus produtos mediante, por exemplo, a utilización axeitada do cruce industrial con sementais de razas cárnicas que proporcionen tenreiros con moito maior valor económico.. A actividade pretende potenciar o desenvolvemnto de novas alternativas produtivas proporcionando instrumentos para o cruce industrial en gandeirías de leite, a obtención de leite con condicións adecuadas para PLTs (queixos, iogures, requeixo....), así como o desenvolvemento de novos procesos e tecnoloxías ao promover a utilización da xenómica e das ferramentas TIC nas gandeirías.

OBXECTIVOS

1. Localización da información xenética de interese para una explotación de producción de leite (catálogos, páxinas web, análisis xenéticos e xenómicos, etc) e a posterior selección da información de interese para cada explotación en función dos obxectivos produtivos.

2. Interpretar axeitadamente toda a información que proporcionan os catálogos de valoración de sementais e páxinas web, así como a información obtida da implementación recente das probas xenómicas, especialmente para garantir a adecuada reposición nunha explotación

3. Aplicación práctica da información: - buscar os apareamentos idóneos para conseguir a mellora dos caracteres de interese (leite, graxa, proteína, lonxevidade, corrección de problemas podais....); - seleccionar os animais idóneos para garantir a mellor reposición posible en cada gandeiría; - aparear estes animais destinados á obtención de reposición cós sementais adecuados; - promover o uso do material xenético galego como material de calidade contrastada; - promover o apareamento con sementais carniceiros para a obtención de becerros de cruces industriais.

4. Obxectivo final: incrementar a rendibilidade dunha explotación co manexo adecuado das ferramentas que brinda a mellora xenética.

DESTINATARIOS: Agricultores e gandeiros do agro rural que actualmente traballen en explotacións de leite ou que potencialmente poidan chegar a traballar en explotacións gandeiras de leite, especialmente: - Mozos/as agricultores/as - Mulleres e homes agricultoras/es - Persoas que se incorporen ao sector primario de calquera idade - Agricultores/as activos/as

ORGANIZA.- CENTRO DE INVESTIGACIÓNS AGRARIAS DE MABEGONDO (INGACAL-CIAM) Horario de 10:00 a 20:00 horas.

10:00 - Presentación e proposta de obxectivos

10:15 - Introdución á mellora xenética: os valores xenéticos, os índices xenéticos, bases de referencia.

11:00 – Conceptos críticos: Fiabilidade das probas, heredabilidade dos caracteres, consanguinidade dos apareamentos

11:45 - Pausa café

12:15 – A selección de reprodutoras na gandería e dos sementais para inseminación artificial. Obxecivos de selección

13:00 – Interpretación de catálogos. Probas internacionais

14:00 - Comida (Por conta dos asistentes).

16:00 – Probas xenómicas frente á selección convencional

17:00 – Os apareamentos. Programas informáticos de axuda

18:00 – Pausa café

18:30 – Fontes de información.

19:30 - Conclusións

Profesorado: - AFRICOR Lugo: Ramiro Fouz Dopacio (Director Xerente) - XENETICA FONTAO: Alejandro Fernández Fernández (Xefe de Área de Selección e Mellora Xenética) - CIAM: Manuel López Luaces (Director)

SOLICITUDES: A actividade é de balde e da dereito a un certificado de asistencia. As solicitudes pódense descargar da páxina web www.ciam.gal e deberase remitir por correo electrónico: ciam@ciam.es ou por fax (881 881 800).

Listado de admitidos, segundo a orde de inscrición recibida:

1. Iván Rio Lorenzo
2. Fernando Rodriguez Gandoy
3. Sergio Carballo del Rio
4. Jose Ramón Pena Fernández
5. Antonio Lema González
6. José Manuel Raposo López
7. María Belén Salleres Neira
8. Manuel Villaverde Salgueiro
9. Victor Manuel Arca Álvarez
10. José Manuel Pereira Corral
11. Yolanda Torrents López
12. David Vázquez Novás
13. José Martínez Gómez
14. Juan Francisco Rodríguez Vigo
15. Isabel Veiga Rañal
16. David Méndez Rodríguez
17. Carmen Val Campos
18. Francisco Ismael Fernández Sánchez
19. Mónica Barrio López
20. Tomás Pardo Pérez

Listado de reservas segundo orde de inscrición recibida:

1. Cristina García Fernández
2. Estefanía Vázquez Cabana
3. Luis Miguel Rojo Vázquez
4. Pérez Ferreiro
5. Alejandro Dafonte Liste

NOVIDADES DO CIAM

foto
01/12/2017
A paisaxe agraria galega e a biodiversidade. Natureza-Agricultura-Gandería
foto
24/11/2017
Sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite
foto
17/11/2017
PROCESO SELECTIVO NO INGACAL para la contratación de un/ha técnico I no CIAM, mediante la modalidade contractual por obra o servicio de duración determinada no marco do proxecto GALAC.
foto
16/11/2017
Campo de demostración: O uso da transferencia embrionaria e a fecundación in vitro no gando vacún como técnicas reprodutivas para o incremento da rendibilidade dunha explotación gandeira
foto
18/10/2017
Seminario Práctico: Incremento da rendibilidade das explotacións leiteiras mediante a mellora xenética
foto
10/10/2017
Convocatoria de Axudas 2017: Contratos predoutorais para a formación de doutores no INGACAL.

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados