fondo
Logo Conseller�a
Logo Ingacal
CIAM
Instalaciones CIAM
actividades > Prensa
A Consellería do Medio Rural acomete proxectos de investigación para garantir a autenticidade varietal do trigo galego

Data: 24/03/2016

 Santiago, 24 de marzo de 2016.- O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), dependente da Consellería do Medio Rural, leva traballando desde 1996 na recuperación do trigo galego, coa intención de dispoñer dunha produción importante, estable e organizada dunha ou máis variedades de trigo autóctono, con garantía de autenticidade varietal, coas que abordar a fabricación dun pan galego de alta calidade.

A recente publicación da resolución da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias pola que se dá publicidade á solicitude de inscrición no rexistro comunitario da Indicación Xeográfica Protexida Pan Galego, vén a mostrar a consecución de dito obxectivo demandado.

Así, durante o período 1997-2015, establecéronse varios convenios de colaboración que deron lugar a seis proxectos de investigación. Entre os resultados obtidos destaca o rexistro de dúas variedades de trigo autóctono, Callobre e Caaveiro, no “Registro de Variedades Vegetales” do Ministerio de Agricultura e a creación dun Banco de Xermoplasma de cereais de inverno con 195 accesións de trigo galego, co obxectivo de asegurar a conservación do patrimonio xenético mediante a recollida de ecotipos locais de trigo en 128 concellos de Galicia desde 2003 a 2009.

Tamén se elaborou unha enquisa entre 193 panadeiros para recoller información sobre a fabricación do pan galego, que serviu de base para establecer o prego de condicións da Indicación Xeográfica Protexida “Pan Galego”. O Banco de Xermoplasma serviu ao CIAM para facer unha caracterización agromorfolóxica da metade das accesións de trigo e unha caracterización electroforética dos 195 ecotipos autóctonos de trigo, para coñecer a calidade do grao dos ecotipos autóctonos.

No derradeiro proxecto fixéronse as primeiras probas panadeiras, para determinar a calidade e aptitude dalgunhas fariñas autóctonas para fabricar pan e comezouse cun traballo de mellora xenética para conseguir trigos autóctonos de talla baixa, coa finalidade de incrementar o seu rendemento e evitar o encamado.

Con este traballo, realizado polo CIAM, cúmprense varios obxectivos do departamento que dirixe Ángeles Vázquez, entre os que destaca coidar e valorizar o patrimonio xenético autóctono, contribuír a preservar unha forma artesá de facer o pan de calidade galego, ao mesmo tempo que se fomenta o cultivo de terras agrícolas hoxe en día abandonadas.

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/1205/conselleria-medio-rural-acomete-proxectos-investigacion-para-garantir-autenticidade

MÁIS INFORMACIÓN  NO SEGUINTE ENLACE:

BANCO DE XERMOPLASMA DO CIAM-ECOTIPOS DE CEREAIS DE INVERNO AUTÓCTONOS

 

NOVIDADES DO CIAM

foto
27/04/2018
Iniciativas de investigación colaborativa para a produción de leite e carne de vacún en Galicia
foto
28/02/2018
Xornada: A produción de carne de vacún. Unha oportunidade para emprender na biosfera
foto
24/01/2018
Efecto da rega sobre o rendemento de cultivos forraxeiros de verán na Galicia interior
foto
28/12/2017
Convocatoria do proceso selectivo para a contratación por obra ou servizo de duración determinada de tres postos de persoal titulado superior universitario
foto
01/12/2017
A paisaxe agraria galega e a biodiversidade. Natureza-Agricultura-Gandería
foto
24/11/2017
Sistemas de transferencia de coñecemento no vacún de leite

 

fondo

EMPRESA

PROXECTOS

ACTIVIDADES

PUBLICACIÓNS

APLICACIÓNS RAX

SOCIAL

Copyright 2013 - CIAM - Centro Investigacións Agrarias de Mabegondo - Todos os dereitos reservados